• Miércoles, 23 de Mayo de 2018

Poesía, contacontos e humor en Fene para celebrar o Mes das Letras

Tralos dous espectáculos musicais cos que a semana pasada comezou o programa, o Mes das Letras continuou onte en Fene cun innovador espectáculo multimedia a cargo do colectivo literario

Poesía, contacontos e humor en Fene para celebrar o Mes das Letras
Un momento da actividade ofrecida onte na Casa da Cultura de Fene polo colectivo literario Moraima | jorge meis
Un momento da actividade ofrecida onte na Casa da Cultura de Fene polo colectivo literario Moraima | jorge meis

Tralos dous espectáculos musicais cos que a semana pasada comezou o programa, o Mes das Letras continuou onte en Fene cun innovador espectáculo multimedia a cargo do colectivo literario fenés Moraima en homenaxe a María Victoria Moreno, a quen este ano se dedica o día 17 de maio.
A proposta combinou proxeccións audiovisuais con recitados de lecturas dramatizadas de textos da autora, coa finalidade de achegar ao público retazos da vida e obra da escritora. A proposta, promovida desde a Concellería de Cultura, desenvolveuse na Casa da Cultura.
O colectivo Moraima naceu o 23 de novembro do pasado ano tras a finalización do obradoiro “A grafía da emoción”, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración do Concello e a Deputación e que foi impartido polo escritor e poeta Pablo Bouza Suárez.
A promoción da creación literaria en lingua galega e a difusión desta, así como da cultura, historia e tradicións propias por toda a comarca son algúns dos obxectivos do colectivo.
Mañá
O programa continuará mañá mércores, ás 18.00 horas, coa actuación da narradora María Larraitz, que achegará o seu espectáculo “Babacontos con María Moreno”. Dirixido especialmente a nenos e nenas de 3 a 10 anos e incluido no programa “Cultura no Camiño”, bota man de ferramentas da narración oral tradicional para dar a coñecer algunhas das historias do libro “Mar adiante” así como contos e poemas de “Eu conto, ti contas”.
O venres, ás 20.00 horas, para conmemorar o Día Internacional dos Museos, o do Humor programa “Ancdoloxía”, un monólogo do cómico Oswaldo Digón, recomendado este último para adultos.
Xa para poñer o colofón ao mes de maio, o día 28, ás 17.00 horas, a Casa da Cultura acollerá o Festival de Fin de Curso da Escola Municipal de Guitarra, para o mércores 30 dar paso aos alumnos de piano. l