Pezas de “Exín Castillos” ou “Tente” para recrear buques da Armada e zonas de Navantia

Pezas de “Exín Castillos” ou “Tente” para recrear buques da Armada e zonas de Navantia
Imaxe da mostra que pode visitarse no Museo Naval de Ferrol | jorge meis

As pezas de marcas tan coñecidas como “Tente”, “Exin Castillos”, “Madelman” ou “Lego” escapan na mostra “Toys & Miniatures” das súas configuracións comerciais para recrear elementos da Armada, como os buques e aeronaves, ou das instalacións de Navantia, como o dique seco.
A réplica da cámara de mando do submarino “Nautilus”, grúas de porto, motores mariños ou helicópteros son outras das creacións da colección do historiador naval Alejandro Anca Alamillo –recopilada ao longo de varios anos e adaptada artesanalmente polo seu propietario– que desde onte pode verse no Museo Naval de Ferrol. Na mesma inclúese unha representación da vida dos piratas con figuras “Playmobil”, un desembarco “Lego” ou unha exploración submarina con “Madelmans”, así como miniaturas relacionadas coa historia da Armada Española.
Xunto a esta mostra, pode verse tamén na mesma instalación outra de “Maquetas de Buques” con reproducións de diferentes tipos de embarcacións. Neste caso, a colección, pertencente a Manuel Sánchez Ferraces, foi depositada no Museo Naval pola súa viúva por deseo expreso do seu creador.
Ámbalas dúas poden ser visitadas en horario de 9.30 a 13.30 horas. l

Pezas de “Exín Castillos” ou “Tente” para recrear buques da Armada e zonas de Navantia

Te puede interesar