miércoles 24.07.2019

Pereira Martínez fala no Ateneo dos versos do seu premiado “Río Alzheimer”

O poeta, historiador e artista plástico Carlos Martínez Pereira estará ás 19.30 de hoxe no Ateneo Ferrolán para presentar o seu premiado traballo lírico “Río Alzheimer”.

Carlos Martínez Pereira logrou o certame “Concello de Vilalba”
Carlos Martínez Pereira logrou o certame “Concello de Vilalba”

O poeta, historiador e artista plástico Carlos Martínez Pereira estará ás 19.30 de hoxe no Ateneo Ferrolán para presentar o seu premiado traballo lírico “Río Alzheimer”. Trátase dunha obra que foi merecedora da XXXVII edición do premio Concello de Vilalba. Co autor estarán esta tarde o presidente do Ateneo, Eliseo Fernández, e a poeta e xornalista eumesa Eva Veiga, que ademais é a autora do prólogo do volume publicado pola editorial lucense Alvarellos.
En palabras do crítico Armando Requeixo, referidas a “Río Alzheimer”, “os versos de Pereira Martínez –delicados, dolorosamente conscientes– acaban por se constituír nunha sorte de crónica da ruína do eu, da disolución da personalidade, revelando as miudezas que, día tras día, confirman a traxedia e anuncian a fin”. Pereira Martínez é tamén autor de “Xaime Quintanilla. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República (2011)”, sobre a figura do político ferrolán.

Comentarios