Ortigueira instálase ata o domingo no espírito do XXIX Festival Celta

Ortigueira instálase ata o domingo no espírito do XXIX Festival Celta
a bagad glazik kemper iniciou as actividades cun pasarrãºas

A maxia e a calor regresan a Ortigueira na XXIX edición do Festival Celta que desde onte e ata o domingo inunda á vila mariñeira de xente de toda Europa.
No eido musical, a primeira xornada veu a final do Proxecto Runas coa banda castelá Folk on Crest, os galegos Guezos, os vascos Ruaille Buaille e Boc, das Illas Baleares. Un remate que estaba previsto para as tres da madrugada, momento no que os ferroláns Os Cempés debían saír aos escenario para presentar o seu novo proxecto e disco: “Tentemozo”.

programa cenital
Co operativo especial a pleno rendemento, Ortigueira vivirá hoxe una das xornadas centrais do certame, xunto á do sábado. Será un día cargado de actividades cunha noite que concitará a partir das 22.00 horas a varias cabezas de cartel do 2013 no Escenario Estrella Galicia, tras o concerto dos  coruñeses Birimbao e moi especialmente, da tradicional actuación da emblemática Escola de Gaitas de Ortigueira, fundadora do certame no ano 1978.
Despois chegarán dous dos directos a priori máis prometedores deste ano; ambos de bandas irlandesas que debutan na cita folk. Serán os concertos protagonizados polo último e innovador proxecto do flautista Brian Finnegan e o escintilante violinista escocés Aidan Ou’Rourke, Kan, e o enérxico quinteto instrumental Guidewires coas súas melodías pegadizas que, sen dúbida, levantará ao público da Alameda, antes da fin de festa a cargo de Riobó, grupo liderado pola que fora violinista de Carlos Núñez, Begoña Riobó.
O Concello de Ortigueira, organizador do certame co patrocinio de Deputación da Coruña, Agadic, Consellería de Cultura, Axencia Galega de Turismo e Estrella Galicia, reforzará ademais neste día as propostas destinadas a encher o tempo de lecer dos visitantes.

en paralelo
Así, á feira de artesanía e ás exposicións fotográficas  “Momentos” e “Galicia’s dream” sumaranse os talleres de composición musical, ás cinco da tarde no instituto a cargo de Ernesto Campos, e o de danza irlandesa con Dominic Graham, director da escola que se encargará ademais das  exhibicións de baile da edición. Este obradoiro, tamén no instituto, comeza ás 16.00 horas para o público infantil; ás 17.00 para os rapaces e adultos; e ás 18.00 horas como ensaio conxunto. Ademais, estrearase ás 20.00 horas no Teatro da Beneficencia o filme “Ortigueira: ecos de Finis Terrae”, de El Jinete Films, das norteamericanas Marina e Biliana Grozdanova.
Canda o anterior, o programa da xornada comeza ás 12.15 horas cun pasarrúas entre Francisco Santiago, Cantón, praza de Isabel II a cargo da Bagad Glazik Kemper. Ás 19.00 horas volverá a haber un pasarrúas, esta vez protagonizado pola Banda do Concello de Os Blancos, de Ourense.  
En paralelo, o piñeiral da praia de Morouzos emerxe un ano máis como o segundo centro de actividade do evento folk, un espazo para o descanso, pero tamén para a festa, con interese en por si e que acollerá antes de que remate o día, a máis dun milleiro de tendas de campaña segundo a organización.

Ortigueira instálase ata o domingo no espírito do XXIX Festival Celta

Te puede interesar