jueves 22.08.2019

O recordo a Rosalía segue vivo no 176 aniversario do seu nacemento e no 150 de “Cantares Gallegos”

O 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e o 150 da publicación do rompedor poemario “Cantares Gallegos”, están a ser unha data de referencia no calendario cultural de Galicia. En Ferrol a asociación cultural Medulio levou a cabo un variado acto na Galería Sargadelos. 

elia rico, presentando a homenaxe en sargadelos	daniel alexandre
elia rico, presentando a homenaxe en sargadelos daniel alexandre

O 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e o 150 da publicación do rompedor poemario “Cantares Gallegos”, están a ser unha data de referencia no calendario cultural de Galicia. En Ferrol a asociación cultural Medulio levou a cabo un variado acto na Galería Sargadelos. A entidade presidida por Elia Rico leu un manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) a través das voces de Antón Cortizas, Xaquín Campo e Manuel Rei. Así mesmo, o gaiteiro Antón Varela participou no acto xunto con alumnas do IES Concepción Arenal, o grupo de teatro de Medulio ou, entre outros, o exdeputado Francisco Rodríguez. Durante o acto regaláronse flores e libros aos asistentes.

Tamén no Concello de Fene levouse a cabo unha celebración adicada a Rosalía no salón de plenos con participación das distintas forzas políticas e sociais do municipio. Na xornada de hoxe o concello fenés fai súa a reivindicación da AELG para que se regale un libro e unha flor. Precisamente hoxe continúan as actividades en Cabanas. Así, o Concello organiza unha lectura de “Cantares Gallegos” ás 12.30 horas no monumento adicado á poeta na escola das Viñas. No acto intervirán representantes dos políticos, do mundo da cultura, do asociacionismo e alumnos de centros de ensino.

actividade en narón

Así mesmo, o Concello de Narón convida aos veciños a que celebren durante a xornada de hoxe o aniversario da poeta padronesa agasallando un libro e unha flor.

Durante a semana a figura de Rosalía de Castro será lembrada a través de varias actividades escolares, o agasallo de medio cento de exemplares de “Cantares Gallegos” para os colexios e entidades culturais municipais, e unha conferencia que podería celebrarse a finais da próxima semana, en principio, na Biblioteca Municipal.

Comentarios