O parque fluvial de Freixeiro acolle desde hoxe unha feira de artesáns con traballos en directo

O parque fluvial de Freixeiro acolle desde hoxe unha feira de artesáns con traballos en directo
Un dos participantes nesta ruta, elaborando os seus produtos ao vivo

Un total de 16 postos de artesanía aséntanse desde hoxe ás 11.30 horas, e ata o próximo domingo, no parque fluvial de Freixeiro baixo a denominación de “Ruta de artesanía polas rías galegas”. Trátase de diversos profesionais chegados de toda Galicia e diferentes puntos de España (Cádiz, Barcelona, León, etc.) que integran este singular mercado. Nel os artesáns elaboran e ofrecen os seus produtos ao visitante. Desde xoias ata xabóns, pasando por pinturas ou pezas de roupa. Pinturas sobre discos de vinilo, camisetas pintadas a man, cerámicas ou sacos térmicos compoñen algúns dos produtos ofertados para todos os gustos.
A esta proposta súmanse tamén a mercadoría gastronómica, como queixos, embutidos, doces ou lambetadas, pero neste caso a súa calidade e orixe artesá vén acreditado pola Carta de Produto Artesá que acompaña o posto, dada a imposibilidade de elaboralo no mesmo lugar. Entre outras posibilidades ofrecidas están gominolas sen gluten aptas para persoas celíacas.
A Feira de Mestres Artesáns permanecerá aberta ata o vindeiro domingo, en horario de mañá (de 11.00 a 14.00 horas) e de tarde (desde as 19.00 horas en adiante).

regreso á comarca
Esta feira ten recalado xa na comarca, concretamente na vila de Cedeira, e regresará a Ferrolterra o próximo mes tralo seu paso por Narón. En concreto, poderá visitarse en Pontedeume do 8 ao 11 de agosto e na vila de Ares entre o 22 e o 25.

O parque fluvial de Freixeiro acolle desde hoxe unha feira de artesáns con traballos en directo

Te puede interesar