O BNG pregunta a Fomento polo recorte na liña de tren entre Ferrol e A Coruña

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, solicitou a comparecencia da ministra de Fomento, Ana Pastor, para que concrete e informe que liñas ferroviarias vai eliminar en Galicia, ademais da xa anunciada Sanabria-Ourense. Segundo o Bloque existen informacións que aluden ao borrador que manexa Fomento no que sinalan que a intención do ministerio é a de suprimir 84 trens semanais de media distancia. Unha redución que, de confirmarse finalmente os datos manexados, suporá unha porcentaxe do 19%.
Segundo o BNG as liñas que poderían verse afectadas serían A Coruña-Ferrol, así como Ourense-Monforte, A Coruña-Lugo-Monforte, Santiago-Ourense, O Carballiño-Ourense, e Ourense-Puebla de Sanabria.

O BNG pregunta a Fomento polo recorte na liña de tren entre Ferrol e A Coruña

Te puede interesar