Novos elementos decorativos para embelecer a Primeira Milla do Camiño Inglés

Novos elementos decorativos para embelecer a Primeira Milla do Camiño Inglés
Lápices de más de dos metros, Praza Vella.

Ferrol Vello despediuse onte dos artistas que nos dous últimos días secundaron a intervención artística impulsada pola asociación Meninas de Canido co obxectivo de poñer en valor e embelecer a Primeira Milla do Camiño Inglés.

Os que si quedaron no barrio ferrolán foron os quince enormes lápices de madeira, de 2,5 metros de alto e 10 centímetros de diámetro, que agora pasarán a formar parte da decoración doutros tantos establecementos de hostalería situados na zona.

O deseño destes orixinais elementos, que pretenden ser ademais unha homenaxe á antiga fábrica de lapis, ocuparon onte aos creadores implicados nunha iniciativa que, tal e como recoñeceu o seu principal promotor, Eduardo Hermida, chega para quedarse, xa que se lle quere dar continuidade.

A pesar de que a choiva desluciu onte sensiblemente a actividade, foron moitos os curiosos que durante todo o día se achegaron ata a Praza Vella para ver en directo o traballo dos creadores, acubillados baixo a carpa instalada para a ocasión.

Fóra dela continuaron o seu traballo os creadores dos cincos enormes murais, de máis de catro metros, que foron iniciados o venres e que, unha vez listos, serán cedidos ao Concello para empregalos como material de promoción da cidade e do Camiño Inglés.

Novos elementos decorativos para embelecer a Primeira Milla do Camiño Inglés

Te puede interesar