Música, obradoiros e moita literatura

Música, obradoiros e moita literatura
Feria del Libro Inaguración firma de Ánxela Loureiro

A Feira do Libro de Ferrol, que onte abría as súas portas ás once de mañá na Praza da Constitución de Ferrol, quedou oficialmente inaugurada na xornada vespertina cun acto no que Miguel Toval, de Edicións Embora, encargouse de ler o pregón. A cita contou tamén coa actuación musical do Real Coro Toxos e Froles.
A cita, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Xunta, Deputación e Concello, reunirá ata o vindeiro luns a un total de doce casetas, entre as das librarías e as institucionais. O horario de apertura é de 11.00 a 14.00 horas (14.30 durante a fin de semana) e de 17.00 a 21.00 horas. 
Durante estes días, os libros terán un desconto do 10% e ademais desenvolveranse, de xeito paralelo, un amplo abano de actividades. l

Música, obradoiros e moita literatura

Te puede interesar