A música, moi presente na axenda da festa literaria ferrolá

A música, moi presente na axenda da festa literaria ferrolá
Conciertos en la feria del Libro

A música estivo onte moi presente na que foi a segunda xornada da XXVII Feira do Libro que ten lugar na praza da Constitución, na zona do Cantón. Alí mesmo desenvolveuse un concerto por parte das tres alumnas –de entre 11 e 12 anos– do Conservatorio Xan Viaño que esta fin de semana tomarán parte en Vilagarcía nunha nova edición da Mostra do Eixo Atlántico. Noreira Hermida, como solista no piano; María López, na gaita; e María de Juan, no oboe, representarán á cidade naval na cita.
As rapazas ofreceron onte un anticipo da súa actuación no marco da programación da “Festa da lectura, do libro e da palabra”, que tamén incluíu o espectáculo musical de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto arredor da obra “O bigote de mimí”, en homenaxe a Manuel María (homenaxeado este ano do Días das Letras Galegas).
A agrupación musical Rosas puxo o colofón do apartado musical, no seu caso como peche á presentación do libro “Enterrar el viento”, de Juana Corsina, un acto que contou coa participación de Antonio Burillo, Vicente Araguas, Anxo Álvarez e Paloma Rodríguez. 

programación
A actividade continuará hoxe cunha intensa e variada programación para dinamizar unha feira na que as oito librarías participantes ofrecen descontos do 10% nas súas vendas. Ademais, entre os clientes efectuarase un sorteo dun bono dun balneario así como un lote de libros. 
A feira está aberta en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.30 horas.
Entre os actos deste venres figuran, ademais das presentacións literarias, a represtación dos concertos didácticos da obra “O Carnaval dos animais” por parte de alumnado e profesorado do Xan Viaño. Ademais das funcións de pola mañá para escolares, pola tarde, ás 19.00 horas, haberá unha aberta a todo o público. É de balde pero hai que recoller invitacións no Jofre. n

A música, moi presente na axenda da festa literaria ferrolá

Te puede interesar