A exposición “Encontro dos Trasgonautas de Emilio Beceiro cos Espelliños de Mighel Loureiro”, que conmemora o 45 aniversario do ascenso do OAR Ferrol, xa se pode ver dende onte e até o mércores 14 de maio na Sala Curuxeiras.
O acto de inauguración contou con distintas autoridades, así como con antigos compañeiros do equipo no que xogaron ambos artistas. Trátase dunha mostra integrada por tallas de madeira recollida nas praias, un costume que Beceiro comezou mentres limpaba un dos areais próximos á súa casa en Covas. Do mesmo xeito, os espellos que serven de lenzo a Loureiro son reciclados e representan temáticas moi diversas.