A mesa de transición para As Pontes reunirase por primeira vez o próximo 10 de marzo

A mesa de transición para As Pontes reunirase por primeira vez o próximo 10 de marzo
Central de As Pontes sin funcionar

A demandada mesa de transición para As Pontes constituirase o vindeiro 10 de marzo en Madrid, despois de que onte se confirmara a data da reunión e a presenza dos axentes implicados, é dicir, o Ministerio para a Transición Ecolóxica, Endesa, sindicatos e Xunta, ademais do máximo representante político do Concello, Valentín González Formoso. Tamén acudiría un portavoz do sector dos transportistas, un dos colectivos máis afectados pola parálise da actividade da térmica.

A creación deste comité era unha das reclamacións de todas as partes que, dun ou doutro xeito, están implicadas no anuncio de peche da central, co obxectivo prioritario de concretar un proceso de transición “xusto” e o menos lesivo posible para As Pontes e a súa comarca. Arredor de 700 familias dependen directamente da actividade das instalacións pontesas. 

Axudas
Nese encontro deberán de poñerse riba da mesa os temas máis urxentes, entre os que se atopa a continuidade das probas con outros biocombustibles para evitar que peche todo o complexo enerxético, así como a tramitación para a inclusión de Galicia –e concretamente As Pontes– nas liñas de axudas e investimentos que a Unión Europea ofrece para zonas en proceso de descarbonización.

A mesa de transición para As Pontes reunirase por primeira vez o próximo 10 de marzo

Te puede interesar