“O mellor do pemento do Couto é que ningún pica”

“O mellor do pemento do Couto é que ningún pica”

A diferenza dos de Padrón – “uns pican e outros non”–, os pementos do Couto caracterízanse, entre outras cousas, polo seu sabor doce. “É un produto que gusta moito á xente e o mellor é que ningún pica”. Así se expresaba onte o presidente da AVV do Couto, Ramón Couto, nos instantes previos ao comezo da vixésima edición da Festa Gastronómica que, un ano máis, puxo en valor este froito da especie Capsicum annuum L., de textura fina e xugosa.
Unha empresa contratada para a ocasión encargouse de preparar as racións do menú servido, a base de churrasco con cachelos e o produto estrela da xornada.
A edición de onte foi ademais “especial e importante”, en palabras de Couto, ao cumprirse dúas décadas da primeira festa do pemento autóctono.
Mención
De feito, o Pemento de Honra deste ano foi entregado á directiva da AVV do Couto que iniciou a mesma. Foi a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, a encargada de facer entrega da mención no decurso do acto do Xuramento das Novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto, que tivo lugar trala lectura do pregón encomendado desta volta ao escritor Xavier Alcalá.
Para o presidente da AVV do Couto, a festa contribúe á posta en valor do devandito produto máis tamén do contorno natural no que se ubica esta parroquia de Narón. “A vista e o entorno é marabilloso”, comentou.
A zona da frondosa carballeira foi a que onte, unha vez máis, acolleu unha cita gastronómica na que tamén se incluíu unha sesión de baile amenizada por un grupo musical.
O programa organizado pola entidade veciñal, o Concello de Narón e a Cooperativo do Campo do Val contou un ano máis co respaldo do público, disposto a gozar do saboroso menú. l

“O mellor do pemento do Couto é que ningún pica”

Te puede interesar