A maxia e música do espectáculo “Keltia, el musical” abrirá o día 14 o cartel do Festival Folc de Ortigueira

A maxia e música do espectáculo “Keltia, el musical” abrirá o día 14 o cartel do Festival Folc de Ortigueira

O 32 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira –que se prolongará do 14 ao 17 de xullo– abrirá o cartel deste ano co espectáculo “Keltia, el musical”, protagonizado polo actor Bruxo Queiman e a cantante Andrea Pousa, que estarán acompañados de 15 músicos e 25 actores e bailaríns. Esta ambiciosa produción foi estreada o pasado ano, acadando unha importante repercusión máis alá das nosas fronteiras e mesmo serviu de inspiración para un proxecto cinematográfico estadounidense.
O musical conta a historia do nacemento da cultura atlántica en terras galegas, reflectíndose deste xeito as historias, lendas e tradicións desde un punto de vista artístico e emotivo, tal e como salientan os seus protagonistas. Trátase dunha montaxe moi visual que a través da maxia, a música e o fogo fará vibrar aos milleiros de seguidores do festival ortegano por antonomasia.
O espectáculo terá lugar ás 23.00 horas no escenario da Alameda, donde a continuación, nesa xornada inaugural do festival, abrirase paso –á unha da madrugada– á final do certame Runas de novos valores da música folk, protagonizada polas formacións Wooden Legs, Coanhadeira e Böj.

programa
O venres 15 de xullo actuarán, a partir das 22.30 horas, a Escola de Gaitas de Ortigueira; Dominic Graham School of Irish Dance (Irlanda); The Peatbog Fairies (Escocia); e o grupo ferrolán Alén de Ancos. 
O sábado será a quenda para Bagad Bro Deger (Bretaña); a galega Susana Seivane; Fullset (Irlanda); e Doolin (Bretaña).
A Banda de Gaitas Xarabal, Milladoiro, e Manran (Escocia) poñerán o domingo o broche final aos concertos do emblemático festival ortegano. n

A maxia e música do espectáculo “Keltia, el musical” abrirá o día 14 o cartel do Festival Folc de Ortigueira

Te puede interesar