Mar rexeita por “inviábel” expedir permex a pé á confraría de Ferrol

Mar rexeita por “inviábel” expedir permex a pé á confraría de Ferrol
Marisqueo

A confraría de pescadores e mariscadores de Ferrol terá que agardar ate, cando menos, 2015 para dispor de máis permisos de explotación a pé. A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de rexeitar a proposta da xunta xeral do pósito de Curuxeiras de convocar dez novos permex para traballar a zona de San Felipe, a enseada da Malata-A Cabana, e mais as praias de Caranza e O Montón por considerala “inviábel nesta altura”.
O patrón maior da confraría ferrolá, Rubén Ferrer, explicou que o argumentario do departamento que dirixe Rosa Quintana se basea no deficiente estado microbiolóxico dalgunha desas zonas, que, como se lembrará, teñen na súa meirande parte unha clasificación microbiolóxica C. Isto supón que os bivalvos que se extraian delas han pasar polas bateas de reinstalación antes de se poñer á venda na lonxa. A Consellería do Medio Rural e do Mar cre, sinalou Ferrer, que a convocatoria de novos permisos de explotación a pé non será factíbel antes de que mellore a calidade das augas e iso só será posíbel coa posta en funcionamento da depuradora da marxe norte da ría. Nestes intres estase a completar a rede de saneamento e, segundo as autoridades autonómicas, os primeiros núcleos de poboación poderán estar conectados, isto é, sen verter ao mar os residuos, ao longo do presente ano.

un só mariscador
Agora mesmo a confraría de Ferrol só ten un permiso de explotación a pé, que traballa, principalmente, a zona de San Felipe, catalogada como B, polo que pode extraer o molusco para subastalo na lonxa, aínda que non directamente ao consumidor –posibilidade que só permite o marisco recolectado en augas de tipo A–, senón a centros de depuración nos que se completará o proceso de redución da carga microbiana.
O resto das zonas son C, aínda que non todo o ano. Por exemplo, desde o pasado 2013, a que abrangue a praia de Caranza e mais o Montón, éo só durante cinco meses. n

Mar rexeita por “inviábel” expedir permex a pé á confraría de Ferrol

Te puede interesar