“Mar e ferro” fai de San Valentín a plataforma de denuncia artística sobre a situación do sector naval

“Mar e ferro” fai de San Valentín a plataforma de denuncia artística sobre a situación do sector naval
Diario de Ferrol-2014-03-15-023-c1944c76

O barrio fenés de San Valentín convértese na xornada de hoxe nun referente de denuncia da situación do naval na comarca. Faino a través da pintura coa iniciativa “Mar e ferro” organizada polo Centro de Promoción Social (CPS) e Radio Fene no seu 30º aniversario. Colaboran pintores entre os que están Ladislau da Regueira, Dulce Anca, Carlos Sardiña, Beatriz Seijo, Ito Mosquera ou Suso Basterrechea, entre os 31 participantes.
Ademais de realizar murais durante toda a xornada coa temática dos estaleiros e a vinculación do barrio coa construción naval, haberá máis actividades. Así, ás 13.30 soará a música do grupo “A culpa foi de Lolo”, encargados das pezas do mediodía na carpa que se instalará diante do local do CPS. Ás 18.00 horas nesta mesma ubicación farase a  proxección da documental “Carga de dignidade”, e posteriormente, ao redor das 19.00 horas, haberá un recital poético cos escritores Arsenio Iglesias, Mario Regueira, Karlotti e Amelia de Querol. Ás 19.30 horas a música volve ocupar a carpa coa actuación de Humberto e, dende as 20.00 horas, pechará a xornada o dúo Alabama.

certame de debuxo
Ao abeiro desta iniciativa levouse a cabo o certame de debuxo escolar “Mar e ferro”, que gañaron Aitor Carbón Meizoso, da escola de Sillobre, e Sara Díaz Otero, do CPI A Xunqueira de San Valentin. Unha iniciativa dentro da xornada de arte urbana que hoxe se celebra en Fene. Os diplomas conmemorativos entregarase ás 13.30 horas na carpa instalada no barrio. Ademais, durante a xornada, rapaces e rapazas dos dous colexios procederán ao pintado de dous murais cos deseños gañadores do concurso.
Todos os traballos presentados poderán verse nunha exposición no local do Centro de Promoción Social durante a xornada de hoxe.

“Mar e ferro” fai de San Valentín a plataforma de denuncia artística sobre a situación do sector naval

Te puede interesar