A máquina de mallar volve funcionar en Esmelle nunha recreación popular deste traballo agrícola

A máquina de mallar volve funcionar en Esmelle nunha recreación popular deste traballo agrícola
Distintos momentos da malla, na que participaron ducias de veciños, algúns deles vestidos con roupa tradicional de faena. A máquina foi restaurada en Esmelle | emilio cortizas

O pan que se pon na mesa ten un percorrido que comeza coa semente e o coidado do trigo na terra antes de cortalo e proceder a separar o gran da palla. Este proceso era un dos grandes momentos agrícolas do verán e, aínda que os campos con cereais escasean, en Esmelle preocupáronse de ter o suficiente como para poder recrear como era a malla décadas atrás, cando os veciños se congregaban nas airas para, cunha pequena máquina, realizar este traballo. Onte volveu celebrarse alí a Festa da Malla, despois de dous anos de ausencia –en 2021 fixeron unha pequena, entre o equipo que se encarga da restauración, para comprobar o funcionamento, pero non foi aberta á veciñanza–.


Ducias de persoas participaron nesta celebración etnográfica. Boa parte delas, xa con idade para lembrar como se facía cando o trigo se sementaba para ter pan para comer. Un dos seus impulsores, coñecido como Manel de Rioxunto, forma parte dos restauradores dunha máquina moi antiga que mercou no seu día a antiga cooperativa de Serantes e despois pasou por un veciño de Mandiá e outro de Covas, que foi quen lla cedeu á asociación de Esmelle. “Á xente maior gústalle recordar como facían cando eles eran novos”, apunta.


Cando volva chover porase a funcionar o muíño para ter fariña e completarase o ciclo do pan cunha cocedura. 

A máquina de mallar volve funcionar en Esmelle nunha recreación popular deste traballo agrícola

Te puede interesar