Manolo Escobar actúa no Val na súa xira de despedida

Manolo Escobar actúa no Val na súa xira de despedida
imaxe da directiva de o val

Os artistas Manolo Escobar e David Civera reiteraron onte á directiva da Sociedade Deportiva O Val, de Narón, o seu apoio ó esforzo que fai o clube para conservar os equipos infantís e a súa ledicia por volver pisar terras galegas. Foi no transcurso dunha conversa telemática na presentación pública da gala musical que se celebra mañá sábado no campo de Sinde.
“A Manolo encántalle Galicia”, comentan desde a entidade, “é o seu último ano de xira e estaba encantadísimo de volver”. Tamén Civera expresou o seu interese por vir a Narón e por probar os percebes e o Albariño.
Os dous participan nunha gala para recadar fondos para a S.D. O Val prevista para mañá, a partir das dez da noite, no campo de fútbol da entidade. Estarán acompañados tamén polo grupo galego Astarot, que fai versións rock de poemas clásicos da nosa literatura, e pola formación pop La Promesa, con música dos anos 80 e 90.
A entrada o propio día da gala ten un custe de 20 euros, pero pódese mercar de forma anticipada por 18 (981 363 481) e hai descontos maiores a grupos de máis de oito.

Manolo Escobar actúa no Val na súa xira de despedida

Te puede interesar