Os máis pequenos da casa, protagonistas do domingo teatral no Torrente Ballester

Os máis pequenos da casa, protagonistas do domingo teatral no Torrente Ballester
Teatro infantil para bebés. Centro Torrente Ballester.

O Centro Torrente Ballester e o Teatro Jofre centraron a actividade cultural da cidade no día de onte. O primeiro dos espazos albergou durante a mañá a representación da peza de Índigo Teatro “El viaje de Tam Tam e Yiya”, obra dirixida a crianzas de ata cinco anos de idade.

A historia que se levou ao cento cultural sucede nun lugar máxico no que os seus protagonistas comparten descubrimentos, xogos e aventuras. Esta representación pretende estimular os sentidos e as distintas intelixencias dos nenos e nenas a través da música, o son, a iluminación, os olores e tamén as texturas. Para acadalo, o espectáculo artéllase ao redor de seis escenas diferentes ambientadas no día e a noite.

Presenza galega

Xa pola tarde foi a quenda do teatro para persoas adultas. “Lo nunca visto”, da compañía La Estampida e dirixida por José Troncoso, relata a historia dunha profesora de danza e teatro para mozas que, antes de pechar por problemas económicos, decide realizar un espectáculo co que quere revolucionar a arte contemporánea. A coruñesa Ana Turpin estivo no seu elenco. l

Os máis pequenos da casa, protagonistas do domingo teatral no Torrente Ballester

Te puede interesar