Máis dunha vintena de hostaleiros inscribíronse no concurso “Tapéate”

Máis dunha vintena de hostaleiros inscribíronse no concurso “Tapéate”
as rutas de tapas e pinchos multiplícanse nos últimos tempos d.a.

O prazo de inscrición no certame “Tapéate Ferrol” permanece aberto ata este mércores, día 20. Os negocios interesados en participar poden solicitalo na Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca (981 350 892 e hosteferrol@teleline.es). A documentación debe incluír o nome e a receita da tapa coa que concursan e tamén unha fotografía da mesma.

Ata o de agora, segundo a información municipal, inscribíronse máis dunha vintena de establecementos. A iniciativa está aberta a restaurantes, cafeterías, pastelería, bares, mesóns e demais negocios relacionados co sector.

 

procedemento

“Tapéate Ferrol” quere dinamizar a hostalería na cidade e darlle pulo fóra das datas festivas por excelencia. As tapas –doces ou salgadas– serviranse de xoves a domingos, entre o 1 e 24 de marzo, a un prezo de dous euros, con bebida aparte. Os clientes serán os encargados de votar as súas favoritas, durante as tres primeiras fins de semana. Quedarán dez finalistas, que probará un xurado especializado o día 21, para seleccionar o Premio Especial, que terá unha recompensa económica de 600 euros.

Os clientes elixen, co seu voto, tres galardóns, con 400, 300 e 200 euros de premio, respectivamente. A entrega realizarase despois da Semana Santa.

Para fomentar a participación da xente nesta iniciativa haberá premios sufragados polo Concello a través da Sociedade Mixta de Turismo (unha estancia en casa de turismo rural con actividades en Ferrolterra, por valor de 300 euros) e tamén polos proveedores.

Máis dunha vintena de hostaleiros inscribíronse no concurso “Tapéate”

Te puede interesar