Máis de 600 persoas darán vida ás 15 comparsas que o luns secundarán o Entroido ferrolán

Máis de 600 persoas darán vida ás 15 comparsas que o luns secundarán o Entroido ferrolán
\Carnaval Ferrol desfile de Entroido

Ferrol celebrará o vindeiro luns a festa do Entroido cunha xornada que contará coa implicación dun totla de 641 persoas, as que forman parte das quince comparsas inscritas para animar as rúas da cidade e para contribuír ao pulo dunha das festas máis tradicionais do calendario.

Destas agrupacións, seis son da cidade naval, outras tantas do veciño municipio de Narón e as tres restantes de Fene, Neda e Valdoviño.

Como anfitrións participarán os seguintes grupos: “Os Colludos”, da Asociación Sociocultural ASCM (composta por 27 adultos e 6 menores); “As máis mellores”, da Fanpa Ferrolterra Concepción Arenal (7 adultos e 9 menores); “Extrojerrestres”, da OJE Ferrol (con 15 adultos e 15 menores); “Sétimo continente”, do Colectivo Sociocultural A Revolta (43 adultos e 37 menores); “A Monstruosa ANPA Belén” (26 adultos e 37 menores); e “Entroideiros de Pazos”, da ANPA do CEIP de Pazos (19 adultos e 18 menores).

Outras seis formacións chegarán desde Narón: “Semente de Trasancos”, da asociación do mesmo nome (17 adultos e 9 menores); “A Tribu das Xoaniñas”, da Asociación As Xoaniñas de Chao (16 adultos e 9 menores); “Os Parrandolos”, da Sociedade Cultural Areosa (32 adultos e 22 menores); “Tróupele Tróupele”, do colectivo do mesmo nome (19 adultos e 14 menores); “Os Argalleiros Trotamundos”, da Asociación Os Argalleiros (45 adultos e 10 menores); e “Cingaranza (Vinde Vindo)”, da Asociación Cultural Quenindiole (26 adultos e 16 menores).

“Fantasía Punky Paso a Paso”, da Asociación Juvenil Paso a Paso de Fene (con 20 adultos e 61 menores); “Os Trastos”, da ACR Os Amigos de Valdoviño (19 adultos e 12 menores); e “Urxencias da canteira”, da Asociación Andaina A Canteira do Puntal (con 30 adultos e 5 menores) completan a relación de participantes.

Todas elas darán vida ao desfile que ás 18.00 horas partirá desde a Praza de España con destino á Praza de Amboaxe, onde terá lugar a gala na que as agrupacións interpretarán as cancións nas que non faltará, como é habitual, o humor e a sátira.

Nese mesmo lugar permanecerá instalada, durante toda a xornada, unha gran fiolleira que funcionarán entre as 12.00 e as 14.30 horas e pola tarde desde as 17.00 horas.

Serviranse ademais acompañadas de chourizo ou sirope e serán elaboradas unhas 1.200 filloas por hora.

Martes
Ao día seguinte, o martes 24, haberá tamén en Amboaxe unha festa infantil con espectáculo musical, obradoiro de máscaras tradicionais galegas e con elementos de natureza ou pintacaras, entre outras propostas.

Repartiranse así mesmo 300 racións de palomitas. A cita desenvolverase entre as 17.30 e 20.00 horas.

Máis de 600 persoas darán vida ás 15 comparsas que o luns secundarán o Entroido ferrolán

Te puede interesar