O Laboratorio de Apoderamento Lingüístico implica á mocidade na activación do uso do galego

O Laboratorio de Apoderamento Lingüístico implica á mocidade na activación do uso do galego
Un momento do encontro de traballo celebrado onte pola mañá no edificio do Antigo Hospicio de Ferrol | emilio cortizas

O Laboratorio de Apoderamento Lingüístico posto en marcha este curso pola cooperativa Rexenerando coa participación de estudantes de Bacharelato de catro institutos da zona –os ferroláns Carvalho Calero, Concepción Arenal e Sofía Casanova e o Punta Candieira de Cedeira– celebrou onte unha sesión de traballo á que asistiron unha vintena de estudantes dos tres primeiros centros, que decidiron así continuar con esta interesante proposta.
 

O encontro, que deu continuidade ás dúas sesións de obradoiros desenvolvidas previamente con cada uno dos grupos, serviu, ademais de para promover o traballo colectivo entre todos eles, para seguir avanzando na definición de “posibles prototipos ou intervenciós que, desde a súa perspectiva, poderían incidir na activación de falantes de galego”, sinalan desde a cooperativa ferrolá. Todas esas ideas serán compartidas o vindeiro día 29 nun acto que terá lugar no Torrente Ballester, no que os diferentes grupos de traballo explicarán as conclusións e os resultados acadados no decurso do seu proceso de investigación.
 

O acto, que permitirá tamén “celebrar a potencia creativa e o compromiso da mocidade co idioma”, pechará este programa piloto de dinamización da lingua galega deseñado por Rexenerando no marco do programa TeCe Redes en galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, abriu onte a xornada de traballo desenvolvida no Antigo Hospicio de Ferrol.

O Laboratorio de Apoderamento Lingüístico implica á mocidade na activación do uso do galego

Te puede interesar