Julián Reina | “Chegou o momento de actualizar a cidade ao século XXI”

Julián Reina | “Chegou o momento de actualizar a cidade ao século XXI”
Julián Reina concejal PSOE

O alcalde dicía en campaña que se poidera pechar un só tema nun día de Alcaldía sería o convenio de Defensa.

En materia de Urbanismo, este tamén sería o seu obxectivo?
Nós consideramos que o convenio é un tema que xa se dilatou o suficiente no tempo e chegou o momento de actualizar a cidade ao século XXI, e para iso hai que empezar a pechar temas abertos. A intención é aprobar o convenio tal e como está, sempre e cando nolo permitan os informes técnicos e xurídicos. Aportará a Ferrol ferramentas como o Sánchez Aguilera ou poder unir a cidade eliminando barreras artificiais que se foron creando.

Haberá consenso para acadar este acordo e poder fimar o convenio co Ministerio?
A intención é que se poida deixar de falar campaña electoral tras campaña electoral do convenio con Defensa. Pensamos que é unha responsabilidade e tamén unha obriga de todos os grupos políticos, porque hai que ser capaces de chegar a acordos para que a cidade siga avanzando. Non podemos seguir enredados nos mesmos temas, mandato tras mandato. E tendemos a man para seguir nese camiño

O desenvolvemento da cidade pasa polos plans de ordeación, como se quere definir Ferrol?
Estase a traballar no PXOM e tamén creo que é outro tema de cidade. Pero tamén penso que a nosa cidade ten que pasar por un proceso de humanización dos nosos barrios. É moi importante que non só se deixe de perder poboación senón que o obxectivo debe ser recuperala e iso pasa por decisións tan importantes como si queremos un Ferrol para os coches ou para as persoas e por aí teñen que ir os tiros. Cada barrio ten as súas peculiaridades e identidade e penso que hai que artellalos, como pasou en Canido, teñen que ter as súas zonas verdes, o seu espazo de esparcimento... é importante que os maiores poidan difrutar e saír polo seu barrio, disfrutar dun parque público, con bancos, árbores, acertando nas especies que se decidan para cada espacio e tendo en conta unha frase que lle gusta dicir oa alcalde, que a árbore é o principal elemento ornamental de calquera espazo público.

Falando de parques, hai algunhas zonas que están por explotar como o Montón...
Algúns non están explotados e outros teñen que ser retomados. En Ferrol, se se habilita un espazo público ao final acaba enchéndose. O Inferniño, por exemplo, está cheo de xente, temos que modernizar e actualizar os espazos.

Na área de Urbanismo, parte con proxectos herdados que xa están en marcha, seguirá adiante con eles?
O que é bo para a cidade, como o convenio, debe seguir avanzando. A algunhas cuestións temos que darlles unha volta e ver cales foron os criterios para tomar certas decisións. En algúns casos estamos dacordo, e o que funcione seguiremos apostando por el. O que non, podemos darlle unha volta tendo en conta a opinión dos grupos políticos e da cidadanía.

Esa actualización da cidade inclúe a rehabilitación?
Ferrol Vello é unha aposta, tendo en conta que é o punto de partido Camiño Inglés, pero sobre todo polos veciños ten que recuperar o esplendor.
Ten que ser tamén o mandato da rehabilitación. Para iso, é necesaria a colaboración con outras administracións. Ferrol é un concello que ten que manter e recuperar as súas relacións externas porque os desacordos ou falta dacordos quen os paga é sempre o cidadán.

Que frea que avance a rehabilitación?
O problema é, ás veces, que as propiedades son de herdeiros múltriples ou que non residen en Ferrol. Hai que facilitar os trámites, conservando as características propias e patrimoniais de cada entorno, e tamén dende o Concello impulsar e potenciar, mediante exemplos, obras para mostrar a capacidade que ten a cidade de rehabilitar.

Precisamente unha das propiedades municipais sen rehabilitar é a casa de Carvalho Calero, en pleno Ferrol Vello...
Para a casa de Carvalho Calero hai que buscar algunha fórmula, pero non podemos deixar que se perda e desapareza.

Neste modelo de cidade, como se ordena o tráfico e os peóns?
O plan de mobilidade debe ser o piar dende o que temos que iniciar calquera proceso de peonalización ou ordenación do tráfico da cidade, dos aparcadoiros, etc. O primeiro é planificar para tomar decisións, porque senón se cometen erros. Este plan é un proxecto que hai que aprobar xa.

Pero a aposta é por un centro peonil?
Temos exemplos fora e dentro de Galicia de que a peonalización é unha ferramenta para rehabilitar os cascos históricos, ten que ser unha peonalización ordeada e pensada estratexicamente, consensuada. Todos temos claro que sempre que se produce un cambio hai o costume de ter certa reticencia, pero como se veu en Canido, en Castilla ou Catabois, a decisión de cambio é complicada pero si se acerta é bo para a cidade e neste caso para o casco histórico.

Pese a opinión de sectores como os comerciantes, que se opuxeron neste mandato pasado?
O diálogo e a comunicación é moi importante e aínda que non imos acertar en todo, temos que explicar aquilo o que sexa necesario e se escoitarán as opinións dos distintos sectores da sociedade.

Entón, se necesitan ou non máis aparcadoiros?
O que se necesita é aprobar o convenio de Defensa, porque no Sánchez Aguilera hai gran cantidade de prazas e a miña opinión é que Ferrol é unha cidade compacta, que nos permite chegar camiñando a calquera sitio, independentemente de que haxa algúns asuntos que se teñen que abordar para distribuir o tráfico. Se debería analizar por que hai catro parkings no centro que maioritariamente están vacíos, non sei se o análise será que fai falla outro parking no centro...

Para facilitar esa mobilidade, ¿non é fundamental un bo servizo de transporte público?
Neste tempo houbo varias boas novas. Reconectouse no actual plan de transporte a Ferrol Vello, grazas as alegacións do Concello, e por fin hai un autobús ao naval.
Hai cuestións positivas aínda que non son suficientes. As novas adxudicacións definitivas dos servizo de transportes están pendentes e despóis manteremos os contactos oportunos.

E en materia de organización interna, outra das suas áreas, como se pode achegar o Concello ao cidadán?
É fundamental ter un servizo áxil e útil, e para iso é preciso minimizar o tempo que se teña que pasar na administración. Ademais, unha administración electrónica, unha vez que estea correctamente adaptada, facilitará a situación. A estratexia de papel cero ten que ser un obxectivo da política municipal.

Julián Reina | “Chegou o momento de actualizar a cidade ao século XXI”

Te puede interesar