Juan Moreno, Emma López e Nélida Santiago, gañadores do certame de Bandas Sonoras

Juan Moreno, Emma López e Nélida Santiago, gañadores do certame de Bandas Sonoras
Auditorio de Ferrol Concurso de Bandas Sonoras

A sétima edición do Concurso de  Bandas Sonoras “Tócaa outra vez Xan” organizada pola Anpa coa colaboración do centro, do Concello de Ferrol e de diferentes entidades e firmas comerciais, convertiuse un ano máis nunha auténtica demostración de talento por parte dos alumnos. Uns cen rapaces tomaron parte o venres, no Auditorio de Ferrol, nunha convocatoria na que sonaron pezas de recoñecidas películas, series ou incluso videoxogos.
Na categoría de grao elemental, o gañador foi Juan Moreno, coa interpretación da música do filme “Tico-Tico”. Na de grao profesional, o xurado proclamou vencedoras a Emma López e Nélida Santiago, cun remix de pezas de “Amélie”. 
Xunto a estes primeiros galardóns, a organización concedeu outros catre en cada grupo.
Posicións
No de elemental, a segunda posición foi para o grupo formado por Brais Varela, Ainhoa Sanmiguel, Carlota Bermúdez, Mario Santalla, Paula Espiñeira, Carla Gil, Lucía López e Mario Leirachá, coa banda sonora de “Star Wars”.
A terceira praza recaeu en Álex Armán (“One Summer’s Day”; Natalia Fernández foi cuarta (“Touch the sky”); e Matín Díaz quinto (“Chopin nocturna nº 20 en do menor”, de “El Panista”).
En Profesional, Laura Gómez, Noa Díaz, Helga Magallanes e Elisa Sardiña foron segundas coa súa interpretación da banda sonora de “Coco”, mentres que un  grupo formado por un total de 23 alumnos que tocaron unha peza de “Another brick in the wall” foron terceiros.
Outra formación integrada por dezaséis rapaces e rapazas fixéronse coa cuarta posición por “High lights from lord of the rings”, mentres que a quinta praza foi para Ana Pereira e Sara Permuy por “La La Land”.
Desde a ANPA do Consevatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol salientaron a gran participación e bo seguimento que un ano máis tivo un certame que, sen dúbida, supón un importante estímulo para os estudantes que se forman no centro. l

Juan Moreno, Emma López e Nélida Santiago, gañadores do certame de Bandas Sonoras

Te puede interesar