A IV Feira do Queixo de Moeche reunirá a un total de 24 produtores

A IV Feira do Queixo de Moeche reunirá a un total de 24 produtores
Café da Vaca Presentación de la Feira do Queixo de Moeche

O queixo volverá ser este domingo o gran protagonista en Moeche. O Concello organiza, coa colaboración de Lácteos de Moeche, a cuarta edición dunha feira que desta volta reunirá a un total de 24 queixarías de Galicia, Asturias, Castela e León, Estremadura e mesmo de Francia. O programa, que naceu como un xeito de dar a coñecer o produto lácteo local e para servir de escaparate a outros sabores, terá lugar no recinto do mercado.

Este ano introdúcese por primeira vez a figura de “Queixo convidado”, que lle corresponderá á variedade do Gamonéu, procedente do concello asturiano de Onís. Feito con leite de vaca, ovella e cabra ou con mestura destes tres tipos, obtén boa parte da súa identidade gracias á maduración en covas.

Unha expedición da vila asturiana composta por 55 persoas visitará Moeche o domingo encabezada polo seu rexedor, José Manuel Abeledo Viesca. A recepción oficial terá lugar ás 12.30 horas no espazo da feira.

A nova edición contou coa presenza da alcaldes da vila, Beatriz Bascoy, que agradeceu espresamente a colaboración do Café da Vaca, onde tivo lugar a presentación. “Apoiar ás queixerías de Moeche, colaborar co sector lácteo, que está moi castigado, e promover un recinto ferial que considerábamos pouco aproveitado, son os obxectivos cos que naceu este encontro”, subliñou

Catas
O evento prolongarase entre as 10.00 e as 19.30 horas. En todo este tempo haberá espazo para múltiples e variadas propostas, así como para degustar, xunto aos queixos, outros produtos como o pan, o mel e os doces tradicionais.

Haberá unha zona de catas dirixidas polo experto Alejandro Montes na que se poderán probar catro queixos distintos acompañados de viño.

A primeira será ás 13.15 horas, cun cupo máximo de 20 persoas por degustación, que terá un prezo de cinco euros por asistente.

Outra das propostas será un concurso de pratos elaborados con queixo, que premiará as mellores receitas doces e salgadas. Os preparados deben presentarse no recinto antes das 11.30 horas do domingo, aínda que a inscrición deberá formalizarse antes chamando ao teléfono 981 404 006 ou por medio do correo electrónico correo@moeche.gal.

O prazo finaliza hoxe mesmo ás 14.30 horas. Haberá tres premios en cada categoría, gracias á colaboración de Lácteos de Moeche, Queixos Brigantia, Queixos Sanjurjo, Panadería Santa Cruz, Panadería Miguel, Bar O Mercado e Casa do Mel de Goente.

Música e circo de rúa
As actividades de animación da feira complétanse con música e circo de rúa. O pallaso Peter Punk actuará ás 17.00 horas para a continuación, ás 17.45 horas, proceder á entrega dos premios do concurso de cociña.

Acto seguido será a quenda para a música folk con Encrucillada. Ao mediodía, animará o ambiente o Dúo Rosas.

Servizo de transporte
O Concello volverá facilitar o transporte á feira cun servizo especial do tren de proximidade que partirá de Ferrol ás 10.45 horas –no apeadeiro de Moeche estará agardando un autobús– e que fará tres viaxes de volta ás 14.00, 17.25 e 19.15 horas.

Así mesmo, o castelo estará aberto de balde durante o día, poñéndose a disposición da xente que desexe visitalo una servizo de autobús con saídas ás 12.00 e ás 13.00 horas do recinto feiral e volta ás 12.30 e 13.30 horas.

A IV Feira do Queixo de Moeche reunirá a un total de 24 produtores

Te puede interesar