As imaxes para o concurso de fotografía de Narón poderán presentarse do 17 ao 28 de setembro

O vindeiro 17 de setembro abrirá o prazo de presentación de imaxes da novena edición do Concurso de Fotografía “Cidade de Narón”. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, lembrou que todas as persoas interesadas en participar poderán entregar os seus traballos ata o vindeiro 28 de setembro. Animou ademais á veciñanza de Narón e comarca a presentarse a este certame, que repartirá un total de 1.200 euros en premios.
Un dos requisitos para poder participar na convocatoria é ser maior de idade. As fotografías deben reflectir, tal e como se recollen nas bases, a riqueza de Narón en diferentes áreas, como a patrimonial, monumental, arqueolóxica, espazos naturais de interese, de lecer, etc.
Concederanse un total de tres premios: 750 euros para o primeiros, 300 para o segundo e 150 para o terceiro. “Os participantes deben ter moi en conta que nas imaxes debe ser perfectamente recoñecible que está sacada no termo municipal naronés, apreciándose nas mesmas algún elemento identificativo da cidade”, destacou a concelleira.
As fotografías presentadas serán valoradas por un xurado especializado, que concederá un máximo de trinta puntos a cada unha e que terá en conta a súa calidade técnico artística, a orixinalidade e o grao de representatividade do concello de Narón..
Entrega
As imaxes terán que ser entregtadas, tal e como se informou desde o goberno naronés, no Rexistro do Concello (Praza de Galicia, s/n, CP: 15570, Narón) baixo pseudónimo, entre as 8.30 horas do día 17 de setembro e as 13.00 horase do 28 dese mesmo mes.
Ao igual que se fixo nas anteriores edicións deste certame convocado desde a área de Turismo, as doce fotografías que obteñan a maior puntuación do xurado ilustrarán o calendario de sobremesa que o Concello editará de cara ao vindeiro ano. As bases completas da convocatoria están a disposición de todos os interesados a través do enlace http://www.naron.es/web/docs/BasesIXConcursoFotografia.pdf. Máis información no teléfono 981 33 77 00 (extensión1517). l

As imaxes para o concurso de fotografía de Narón poderán presentarse do 17 ao 28 de setembro

Te puede interesar