Igaciencia recoñece o traballo de sete alumnos de 4º de ESO do IES Concepción Arenal

Igaciencia recoñece o traballo de sete alumnos de 4º de ESO do IES Concepción Arenal
Recepción en el Concello al alumnado premiado en el certamen Inventa en Galego

Teñen entre 15 e 16 anos e xa amosan unha forte debilidade pola ciencia. Se ao seu interese por esta rama do coñecemento se suma unha importante motivación por aprender, o resultado pode ser tan satisfactorio como o que un grupo de sete alumnos de 4º de ESO do IES Concepción Arenal veñen de ser recoñecidos nos certames “Inventa en galego” e “Sensores para todos” promovidos pola Institución Galega da Ciencia e a Secretaría Xeral de Política Linguística.
No primeiro deles, Mario Rodríguez fíxose co primeiro premio –dotado con 300 euros– grazas á aplicación turística que sobre a urbe naval deseñou para aplicacións móbiles. Baixo o nome “Coñecendo Ferrol”, o autor desenvolveu unha interesante ferramenta con información sobre os diferentes monumentos e xoias patrimoniais do casco histórico, coa posibilidade incluso de configurar guías coa finalidade de sacar o máximo proveito aos recorridos.
Tivo que facelo según os criterios estipulados nas bases do certame, no que se instaba aos participantes a crear un programa en App Inventor –unha forma sinxela e innovadora de realizar aplicacións funcionais en móbiles e tabletas para Android– no que tivesen un protagonismo especial os sensores do móbil –orientación, acelerómetro, localización...– e centrado en amosar aspectos de interese dun pobo ou vila.

fama
“Quería que mi ciudad fuese conocida fuera de la comarca y a ver si esta aplicación contribuye a darle más fama”, comentaba onte o creador da aplicación. Mario Rodríguez, un apaixoado do ámbito das Tecnoloxías da Información e da Comunicación –“sector al que me gustaría estar vinculado en el futuro”, recoñece–, fixo este traballo na súa casa a partir das nocións básicas que a profesora de Tecnoloxía, María Estraviz, facilitou aos alumnos na clase.
“La verdad es que me supuso mucho esfuerzo, pero estoy muy contento por el premio”, engadiu o rapaz. Agora ten intención de seguir perfilando e mellorando a ferramenta e, se é posible, “darle cada vez más publicidad”.
Mario formou tamén parte do equipo do instituto ferrolán que resultou premiado no outro dos certames do Igaciencia, o de “Sensores para Todos”, no que participou xunto aos seus compañeiros Roque Bescos, Fátima Sánchez, Adrián Gómez, Ana María Rodríguez, Marta Castro e Erea Vaamonde.
Neste caso, a institución científica valorou os experimentos con sensores Arduino e Lego presentados polos ferroláns, entre os que se incluíron os relacionados co control do illamento acústico, a medida das alturas dos rapaces ou da distancia de saltos como os que fan nas clases de Educación Física –realizados os tres cun robot de Lego–, entre outros.
Os rapaces, xunto á súa profesora de Tecnoloxía, María Estraviz, foron recibidos onte no Concello de Ferrol polo alcalde, José Manuel Rey Varela, e outros membros da corporación.
A docente, María Estraviz, expresou a súa satisfacción por contar cun grupo de alumnos tan traballadores e tan motivados, o que, sen dúbida, fai que o proceso de ensino-aprendizaxe sexa moito máis produtivo e enriquecedor para as dúas partes.

recepción
O alcalde de Ferrol, que presidiu a recepción celebrada onte no consistorio local, salientou os traballos dos estudantes, especialmente o de Mario Rodríguez, cuxa aplicación “é dunha gran calidade, moi boa, e que está ao nivel das que o propio Concello está a incorporar na web municipal”, comentou.
“É meritorio que un alumno sexa capaz de facer isto sen apoio dunha empresa do ámbito das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, o que demostra que hai moita innovación e calidade no mundo das TIC por parte dos mozos”, engadiu o rexedor.

Igaciencia recoñece o traballo de sete alumnos de 4º de ESO do IES Concepción Arenal

Te puede interesar