O IES Leixa colabora con PuntoGal na campaña creada polo Día do Libro

O IES Leixa colabora con PuntoGal na campaña creada polo Día do Libro
IES Leixa, Presentación de unos marcapáginas realizados por alumnos en el marco de un concurso de la secretaría xeral de política lingüística.

Cinco alumnos do ciclo superior de Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia do IES Leixa foron os elixidos para representar a campaña especial que leva a cabo a Asociación PuntoGal con motivo do Día do Libro, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Federación de Librarías de Galicia e o propio centro educativo. 
Así, desde o próximo luns e a- ta o 31 de agosto, distribuiránse 12.000 copias dos cinco marcapáxinas realizados polos estudantes do IES ferrolán en todas as feiras do libro de Galicia e en case duascentas librarías galegas. Cada un deles inclúe un código que rebaixa o prezo dun dominio .gal a 15 euros máis IVE.
O secretario xeral de Política Lingüistíca, Valentín García, sinalou onte no acto organizado no instituto que “unir o libro e os dominios .gal de internet é xuntar nun mesmo proxecto dous dos axentes máis importantes da cultura galega e en galego, un de tan longa tradición como prometedor futuro e outro que representa a innovación e a extensión da nosa lingua aos novos espazos de comunicación xurdidos nas últimas décadas”.
Pola súa parte, o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, enmarcou esta iniciativa na aposta da entidade por “involucrarse de maneira decidida en actividades relacionadas coa lingua, a cultura e a tecnoloxía en Galicia, as tres almas do dominio”. Dese plan forman parte iniciativas como “o recente e moi exitoso consurso de relatos en colaboración coa Real Academia Galega ou a participación en Culturgal”, indicou, ao mesmo tempo que destacou a incorporación “dun proxecto no que xudamos a divulgar a creatividade dos estudantes dun centro público animando a practicar unha das mellores actividades que calquera de nós pode facer: ler un libro”.
Janeiro remarcou que o número de dominios rexistrados xa superou os 4.800 e fixo fincapé na oferta asociada ós marcapáxinas que “permite ter un dominio .gal a un prezo moi atractivo”.
Os traballos de Julio Santiso –“Navega por un mar de lectura e imaxinación”–, Aida Bao –“A lectura é á mente o que os exercicio ao corpo”–, Tamara Álvarez –“Para Viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro”–, Natalia Romero – “Le e descubre novos mundos”– e Borja Rey –“Un millar de historias que quedan por descubrir”– foron os escollidos de entre un total de 25 presentados e poderán descargarse xunto co resto dos realizados polos estudantes na web de PuntoGal (asociacion.gal). l

O IES Leixa colabora con PuntoGal na campaña creada polo Día do Libro

Te puede interesar