Sábado 19.01.2019

Hostaleiros de Mugardos celebran o mércores e o sábado o Día Internacional da Croqueta

Mentres se prepara unha nova edición do “Mugardos de pincho” que terá lugar a vindeira primavera, a hostalería da vila irá quentando motores esta mesma semana cunha apetecible proposta gastronómica.



Trátase da celebración do Día Internacional da Croqueta, un plato que goza dun gran éxito entre todo o público e ao que mundialmente se lle rende tributo cada 16 de xaneiro.

Así se fará tamén este mércores na vila mugardesa, onde un total de quince establecementos secundarán a proposta que se volverá repetir o sábado (día 19) para que poida acudir máis xente ao ser fin de semana. Belén Tojeiro, do Café Bar El Peña e responsable este ano de coordinar o concurso “Mugardos de Pinchos”, réstalle importancia ao feito de que ningún organismo teña declarado este día como oficial.

“Tampouco nos importa moito, porque o importante é que o 16 de xaneiro xa é para todos o día no que facemos homenaxe á receita coa que as nosas avoas aproveitaron tantas comidas do patrón”, apunta.


Establecementos
Convertidas en todo un clásico da gastronomía, nestas dúas xornadas poderán ser degustadas nas súas múltiples variedades nos locais participantes, que son os seguintes: Muelle 43, O’Fol, As de Guía, 4 Camiños, La Isla, Atlántico, Estrella del Muelle, As Tradicións, Lúa Nova, Amaragotas, Helvetas, O’Trope, Rincón de Picas, El Peña e A Academia. Cada un deles ofrecerá a súa versión deste auténtico manxar.

Comentarios