martes 10.12.2019

Homenaxe a Moncho Reboiras no 44 aniversario do seu asasinato en Ferrol

A lembranza comezou en Dodro, onde está soterrado, seguiron en Sillobre e remataron cun acto en Ferrol
Homenaje a Moncho Reboiras
Homenaje a Moncho Reboiras
O nacionalismo galego homenaxeou a Moncho Reboiras cando se cumpren 44 anos do seu asasinato por parte da policía franquista no portal do número 27 da rúa da Terra, en Ferrol. A Unión do Povo Galego (UPG), organización política á que pertencía, encárgase de organizar cada ano este acto, que ten parada en diversos lugares do país. Así, onte pola mañá houbo unha ofrenda floral no cemiterio de Imo, en Dodro, onte está enterrado. Ao mediodía celebrouse un xantar popular no local da sociedade Agarimo, en Sillobre, tras a cal impartiu unha conferencia a profesora Pilar García Negro.

Os actos políticos remataron en Ferrol cunha concentración no entorno da praza de Armas, tras a cal se celebrou a tradicional ofrenda floral na rúa da Terra, na que rematou co canto da Internacional. Os participantes desprazáronse despois ao Cantón de Molíns para escoitar as intervencións de Mercedes Tobío, responsable comarcal do Bloque Nacionalista Galego; Paulo Ríos, secretario xeral da Unión da Mocidade Galega; e Néstor Rego, secretario xeral da UPG. l

Comentarios