miércoles 21.08.2019

Herbello e Sendón retratan as distintas facianas do río Xubia

Ata o próximo 9 de febreiro pode verse na sala Proxectos do Centro Torrente Ballester a singular proposta fotográfica de Manuel Sendón e Fran Herbello.

Fran Herbello e Manuel Sendón ante algunhas das súas imaxes	jorge meis
Fran Herbello e Manuel Sendón ante algunhas das súas imaxes jorge meis

Ata o próximo 9 de febreiro pode verse na sala Proxectos do Centro Torrente Ballester a singular proposta fotográfica de Manuel Sendón e Fran Herbello. Un percorrido polo río Grande de Xubia con imaxes feitas desde unha piragua o 13 de outubro de 2012. Fotografías vistas desde o medio do río, e da ría ferrolá, onde non falta desde o icónico muíño de Xuvia ata os barcos e construcións que salferen a paisaxe habitual. Un proxecto que se une a outros 31 percorridos por ríos galegos que Sendón e Herbello levan feito desde o ano 2011.
Todo isto forma parte dun singular proxecto denominado “Mil ríos”, que eles mesmos explican: “Nesta iniciativa pretendemos recuperar a vivencia da expedición. Decidimos percorrer os ríos, achegarnos ao descoñecido dende o que a nós nos resulta máis familiar, o mar. Subir a corrente ata onde nos sexa posíbel para así botarlle un pulso amigábel: de ti a ti. Como non facelo  no  país dos mil ríos?”.  
A iniciativa dos veteranos fotógrafos, tanto a de Ferrol como exposicións previas en  Vigo e Cambados, pode visitarse na páxina web www.milrios.wordpress.com.

Comentarios