Os graos en Enfermaría e en Xestión da Moda teñen a nota de corte máis alta do campus

Os graos en Enfermaría e en Xestión da Moda teñen a nota de corte máis alta do campus
Imaxe da ABAU (Selectividade), na facultade ferrolá de Enfermaría | j.m.

Os alumnos admitidos nas universidades galegas no primeiro prazo de matrícula teñen o día de hoxe e o de mañá para cumplimentar os trámites, en liña. Os que fiquen en lista de espera teñen tamén que confirmalo a través do correspondente formulario. A listaxe deuse onte a coñecer por parte da Comisión Interuniversitaria de Galicia, que facilitou os enlaces para ingresar en calquera das tres universidades galegas. Nos vindeiros días iranse abrindo novas datas para cubrir as prazas, no caso de que haxa vacantes. O 17 de agosto publicarase a segunda listaxe e o 18 e o 19 farase a tramitación.

Esta primeira admisión deixa fixada tamén unha primeira nota de corte (que pode baixar segundo avance o proceso), nas titulacións con límite de prazas. Correspóndese coa do último alumno admitido. No caso do campus de Ferrol, a titulación coa nota de corte máis alta é Enfermaría, con 11,324 (o máximo é 14), seguida do Grao en Xestión Industrial da Moda, cuxo último alumno entraría cun 10,61. A terceira titulación máis disputada é Enxeñería en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, con 9,644. Despois sitúase Podoloxía cun 9. A partir de aí sáltase ao 6,64 do Grao Aberto en Enxeñería Industrial. Os graos abertos combinan materias de distintos estudos da mesma rama de coñecemento (como mínimo de tres distintos), co cal non hai que decantarse por unha especialidade no primeiro curso. Son unha novidade este ano.

Os outros graos con notas entre o cinco e o seis son as demais enxeñarías, Relacións Laborais e Xestión Dixital da Información e da Documentación.

Os graos en Enfermaría e en Xestión da Moda teñen a nota de corte máis alta do campus

Te puede interesar