jueves 24/9/20

Galardóns para tres centros da zona nos certames de Igaciencia

O Centro Sociocultural Ágora da Coruña acolleu o pasado venres o acto de entrega de premios de dous dos certames convocados por Igaciencia co obxectivo de fomentar e ao mesmo tempo.

Imaxe parcial dos gañadores dos concursos, na entrega de premios do pasado venres na Coruña
Imaxe parcial dos gañadores dos concursos, na entrega de premios do pasado venres na Coruña

O Centro Sociocultural Ágora da Coruña acolleu o pasado venres o acto de entrega de premios de dous dos certames convocados por Igaciencia co obxectivo de fomentar e ao mesmo tempo recoñecer a tarefa científica nas aulas. Entre os galardonados incluíronse tres centros da comarca de Ferrolterra.
O IES Concepción Arenal de Ferrol acadou o primeiro premio no concurso “Inventa en Galego” co seu traballo “Coñece Ferrol”. Na mesma convocatoria, o CPI Atios de Valdoviño recibiu unha mención especial grazas ao proxecto “Paseo por Valdoviño”.
Trátase, nos dous casos, de aplicacións para móbiles ou tabletas Android nos que se amosan aspectos de interese de cada un dos lugares, a cidade naval e o municipio valdoviñés, respectivamente.
Este era, precisamente, o reto prantexado polo certame: a creación dun programa deste tipo empregando “App inventor”, unha ferramenta que destaca entre aquelas que poden achegar aos rapaces á programación e axudarlles a desenvolver o seu pensamento computacional.
A descrición de cada un dos puntos de interese salientados polos alumnos no traballo, a presentación da rota a seguir para visitalos ou as indicacións para desprazarse a eses lugares eran algúns dos contidos que tiñan que abordar os alumnos.
Deste a propia organización do certame apuntan á devandita ferramanta como un recurso útil para programar e para aprender en diversos cursos e materias.

sensores
Xunto a este concurso celebrouse tamén outro denominado “Sensores para todos”. Con esta convocatoria, Igaciencia convidaba ao profesorado galego a “dinamizar e motivar” aos seus alumnos a través dunha cita centrada na realización de experimentos con sensores con Android e Lego. Neste caso, foron premiados o CPI San Sadurniño, polo seu traballo do péndulo, e de novo o IES Concepción Arenal, neste caso  polos experimentos relacionados coa medida de alturas, saltos ou illamento acústico.
Como temática do día da Ciencia en Galego para este 2014, Igaciencia optou polos sensores –de temperaturas, de son, de distancia, de luz...– e “o seu uso e aprendizaxe na clase, na ciencia e na arte”, destacan desde a entidade.

Comentarios