Gala de poesía e música e concerto rock en Ortigueira

O Concello de Ortigueira celebra hoxe, en colaboración coa asociación cultural Galioart, o Día das Letras Galegas. Así, a partir das oito da tarde terá lugar no Teatro da Beneficiencia unha gala na que a poesía e a música serán as protagonistas. Serán rapaces e rapazas da Escola de Música da vila os que recitarán poemas con acompañamento musical.
Xunto a eles participarán ademais na lectura de poemas da autora María Victoria Moreno Márquez, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
A gala será presentada pola concelleira de Cultura, Vanesa Trevín, e contará como convidadas coa poeta ferrolá Amelia de Querol, que recitará algúns dos seus versos, e a música de Julia Dopico. Actuará así mesmo a coral polifónica de Ortigueria e serán entregados os premios do IV Concurso de Poesía en Galego, organizados por Galioart.
As actividades desta xornada arredor das Letras Galegas continuarán partir das 22.00 horas na Praza Isabel II cun concerto de rock no que actuarán os grupos orteganos “Marthirio” e “Anacoretas en el exilio”.
O programa contempla tamén para o sábado un concerto no Teatro da Beneficiencia –ás 19.00 horas e con entrada gratuíta–, a cargo da Banda de Música de Ortigueira.
No mesmo escenario, o sábado 26, ás 20.00 horas, Camerata Lírica de España ofrecerá o recital de “La Traviata”, con entradas a 3,50 euros.
Durante todo o mes pode verse na Biblioteca Municipal unha exposición sobre María Victoria Moreno. l

Gala de poesía e música e concerto rock en Ortigueira

Te puede interesar