O fracaso da mancomunidade e as mudanzas nos concellos (CXVIII)

O fracaso da mancomunidade e as mudanzas nos concellos (CXVIII)
diario de ferrol-2018-11-18-015-2338de6a

Na última entrega dei conta de como a reunión de delegados da Deputacións provinciais, que podería ter marcado o inicio dos pasos necesarios para a implantación da Mancomunidade galega quedara reducido a un tépedo comunicado oficioso expoñendo que ese obxectivo se vía como algo urxente e necesario, mais que o aconsellable era agardar á publicación oficial dos novos estatutos provinciais. Quer dicir, que todo ficou en máis nada que palabras, producindo unha sensación de fracaso, no dicir do xornal Galicia, opinión que outros diarios, como El Pueblo Gallego, non compartían. No xornal de Portela Valladares non se entendía como se podía acreditar na política do Consistorio militar, non era compresible ver “los hombres culminantes del nacionalismo gallego entregados a labores constructivas dentro del régimen de unidad intangible”, como, entre outras cousas dese teor se dicía no artigo “Ansiedades / Atonía patriótica”, aparecido no número de 30 de marzo. Lembremos, a maiores, o que uns anos antes da ditadura dicía Fernández Mato, director que era de El Pueblo Gallego, no breve artigo “Astrelas”, publicado no número d’A Nosa Terra de 31 de Nadal de 1921: “Eu creio firmemente que as Deputacións provinciaes son as amígdalas do país. Decátase un da sua esistenza pol-as molestias que producen; e si as estirparan ficaríamos tan tranquíos...”.
O diario Galicia, non quería dar por zanxado o tema sen dar a coñecer o que se podía saber do acontecido nas reunións compostelanas. Así, dedicou o editorial, “El maleficio de Lugo / Por que no se constituyó la Mancomunidad”, do número de 1º de abril de 1924, ao tema ampliando a información xa dada con anterioridade. Insistía no “inesperado fracaso” da reunión celebrada en Compostela para constituír a Mancomunidade e sinalaba que a causa do tal fracaso fora a “oposición de los diputados de la provincia de Lugo, que, dando una prueba de insolidaridad con el anhelo del resto de Galicia, se mostraron hostiles a la constitución inmediata de la Mancomunidad”. E acto seguido lanzaba unha serie de diatribas contra aspectos da política que se desenvolvía na provincia lucense: 
“Sabido es, que en el aspecto político, Lugo es la provincia de Galicia menos gallega. Recientemente, hemos visto a las masas de campesinos de Pontevedra, Orense y La Coruña, envueltas en una lucha de ideales, viviendo en un ahelo común de libertad y de civismo. No sintieron esas ansias, o al menos no las manifestaron ostensiblemente en comunidad con sus hermanos del resto de Galicia, los campesinos de Lugo”. O editorialista citaba o caso concreto do manicomio de Conxo, como un bo exemplo desa política de non actuar coordenadamente coas outras provincias galegas. Mentres a deputacións das outras tres provincias enviaban os dementes pobres ao manicomio galego, o de Conxo, a de Lugo costeaba “las estancias de sus locos, en el de Palencia, a pesar de resultarle mas costosas que en el de Compostela; cuya casa de salud reune condiciones muy superiores a las del manicomio castellano, y parece mas adecuada por el clima, el paisaje, la alimentación, etc. para la curación de los perturbados de nuestra región.
No sabemos por qué oculto maleficio, ha de dar Lugo siempre la nota antigallega”.
Xa no caso concreto da Mancomunidade, o editorial de Galicia falaba de que no fondo da oposición lucense á Mancomunidade presentía “una maniobra de la vieja política. Acaso la mano negra de un conocido cacique juegue detrás de la cortina moviendo los hilos.
Estamos persuadidos de que los únicos enemigos de la Mancomunidad gallega, son los políticos presetembrinos”, referíndose, claro está, aos que dirixían os fíos da política provincial antes da proclamación da ditadura primorriverista.
Baseaba, según manifestaba, esa súa opinión no feito de que os disidentes fosen, precisamente, os delegados da única deputación presidida por un civil. Opinanban que se a oposición partise dos “hombres de armas”, que estaban á fronte das outras tres deputacións, a cuestión tería variado de aspecto. E acto seguido lanzaba a pregunta retórica de “¿como no hemos de pensar que son los mandarines desahuciados por el golpe de Estado, los que conspiran en la sombra contra la constitución del nuevo organismo regional que habría de hacer imposible la rehabilitación de las antiguas baronías oligárquicas?”. É por iso que se entendía que esa cuestión entrañaba unha gravidade transcendental que debía ser examinada e esclarecida a plena satisfacción, xa que Galicia non debería tolerar que a creación da Mancomunidade “estuviese a merced de los manejos de una conjunción de politicastros, en buena hora destronados”.
Días despois, Villar Ponte, na súa columna “Pretextos cotidianos / La categoría de Galicia”, publicada no número de Galicia do 11 de abril, retomaba este asunto dos manexos ao dicir que o fracaso da Mancomunidade fora “culpa de los representantes de una provincia que es la más muerta de Galicia en el orden civil -¡oh Pepe Benito!”, como era coñecido o grande cacique lugués José Benito Pardo Rodíguez.
Por eses días en que se decidía deixar para mellor ocasión a constitución da Mancomunidade, concretamente o 28 de marzo, a Gaceta de Madrid publicaba unha Real Orde na que, entre outras cousas, se recollía que no prazo dos oito primeiros días do mes de abril se procedería á constitución dos concellos co número de concelleiros de elección popular e corporativos que lle correspondese de acordo cos artigos 45 e 46 do novo Estatuto municipal.
Así, a prensa diaria do 3 de abril de 1924 daba conta dos cambios producidos na corporación municipal coruñesa para a súa adecuación ao novo Estatuto municipal. Dicía o número de El Ideal Gallego dese día, no solto “La nueva Corporación municipal”:
“Se sabe ya la modificación que sufre la Corporación municipal, cumpliendo lo preceptuado en el nuevo Estatuto.
Con arreglo a lo dispuesto en éste, el Ayuntamiento de la Coruña debe componerse de 28 concejales de elección popular y nueve corporativos.
Como la Corporación anterior se componía de 36 ediles de elección popular, corresponde cesar a ocho”. Recolle os nomes destes, un deles o de Villar Ponte, indicando, sen maiores explicacións, que tres deses cesantes tiñan presentada xa a súa dimisión, dous pasaban a ser concelleiros corporativos e un tiña que cesar por pertencer á Cámara da Propiedade e ese organismo nomeara outro concelleiro para representalo. Un dos que xa presentaran a dimisión tiña que ser Villar Ponte, se ben, en realidade, a demisión presentárana todos os membros da corporación segundo se desprende das noticias aparecidas dous días antes, isto é, o 1º de abril, nos diarios. A d’El Orzán, “En el Ayuntamiento / La sesión de ayer”, informaba de que na sesión plenaria celebrada o día anterior o secretario dera lectura ao R.D. sobre a constitución e funcionamento do novo concello, que debería estar constituído dentro dos primeiros oito días do mes de abril e de que acto seguido o alcalde fixera público que, “por terminar la misión del Ayuntamiento actual, había puesto todos los cargos a disposición del gobernador civil a fin de que este proceda según su criterio. Dió las gracias a todos por la colaboración prestada durante el corto espacio de tiempo que actuó este Ayuntamiento”. Informaba, así mesmo, da protesta do exconcelleiro Eduardo Corral, que se atopaba na tribuna do público, que leu un escrito en nome de todas as sociedades obreiras da cidade rexeitando o acordo do Concello no que se restituíra a presenza das “Hermanas de la Caridad” nos establecementos de beneficencia.
Da masiva dimisión informaba tamén a prensa de fóra da Coruña. O diario Galicia, do propio 1º de abril, insertaba o breve solto “La Coruña / El Ayuntamiento” no que se limitaba a dicir: “Ha dimitido en pleno el Ayuntamiento de esta capital”.
Con relación a esa reposición das “Hermanas de la Caridad” dicir que o asunto se tratara no pleno do 18 de marzo. Segundo recollía El Orzán do día seguinte, “En el Ayuntamiento / La sesión de ayer”, aprobárase unha proposición “para que sean satisfechas con cargo al capítulo de ‘Imprevistos’ del presupuesto vigente, las retribuciones que devenguen las Hijas de la Caridad que en cumplimiento del acuerdo adoptado por el Ayuntamiento en la sesión última, hayan de designarse para prestar servicio en el Hospital de Caridad y en el de enfermedades infecto-contagiosas”. Nada dicía a noticia de calquera intervención dalgún concelleiro a este respecto.
Se incido nisto é porque lembro ter lido nalgures que ese acordo municipal foi o que motivou a presentación da renuncia ao cargo de concelleiro por parte de Villar Ponte.
 

O fracaso da mancomunidade e as mudanzas nos concellos (CXVIII)

Te puede interesar