Flor Maceiras será e pregoeira da Festa do Pemento do Couto o día 21

Flor Maceiras será e pregoeira da Festa do Pemento do Couto o día 21
os organizadores presentaron o evento no concello de narón d.a.

A directora da Escola de Teatro de Narón, Flor Maceiras, será a pregoeira da XV Festa do Pemento do Couto que se celebra o próximo día 21. A cita presentouse onte a cargo do alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco; a Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez; o presidente da AVV de O Couto, Anselmo Beceiro; o presidente da Cooperativa do Val, Benito Castro; e o representante da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal. A celebración desenvolverase baixo unha grande carpa na explanada do Local Social Municipal do Couto, o próximo domingo 21 de xullo.

programación
O programa de actos  comeza ás 10.00 horas cun mercadiño e mostra de produtos do campo. Ás 13.00 horas, a actriz Flor Maceiras, directora da Escola de Teatro e da Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón, pronunciará o pregón da edición deste ano.
Media hora más tarde levarase a cabo o xuramento das novas damas e cabaleiros da Orde do Pemento do Couto. Nesta edición nomearanse tres novos membros. Por parte da AVV do Couto,  o presidente da Cooperativa do Val, Benito Castro. Por parte da Cooperativa do Val, á Concelleira de Educación e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada; e por último, por parte do Concello, á parella de baile formada por Sandra García e Román Romero, profesores da Escola de Baile de Narón.
Ao redor das 14.00 horas levarase a cabo o xantar a base de churrasco con pementos do Couto, pan, auga, viño e café ó tizón. Os tickets están xa á venta, ó prezo de 12 euros no 3º andar do Concello (de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas), no local social municipal do Couto (de luns a venres, de 17.00 a 20.00 horas); na Cooperativa do Val, en horario comercial, e Mesón A Trasanquesa, en Sedes.
O día 21 tamén haberá un concurso da cesta de pementos mellor presentadas a partir das 16.30 horas e tras rematar a competición, un baile amenizado por un grupo musical.
A organización da Festa gastronómica do pemento do Couto corre a cargo da AVV do Couto e o Concello de Narón, en colaboración coa Cooperativa do Campo do Val. Este traballo conxunto foi destacado onte polo alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, como exemplo de que “unindo esforzos conséguense mellores resultados”.

promoción
A XV Festa do Pemento do Couto forma parte dun programa de promoción deste produto desenvolvido polo Concello, xunto con outras iniciativas entre as que destacan o novo ciclo Horta de Narón ou as Xornadas Técnicas sobre o Pemento do Couto, que veñen de celebrar a súa  IV edición a mediados do pasado mes de xuño.

Flor Maceiras será e pregoeira da Festa do Pemento do Couto o día 21

Te puede interesar