Os festivais escolares marcan un chuvioso comezo da cita co Entroido

Aínda que a chuvia obrigou a algúns centros a suspender os desfiles e pasarrúas previstos para celebrar a festa, o Entroido escolar voltou brillar un ano máis pola orixinalidade e creatividade dos traxes confeccionados, na meirande parte dos casos, nas aulas.

Os festivais escolares marcan un chuvioso comezo da cita co Entroido
A selva e os superheroes inspiraron os disfraces deste ano do Mercederias
A selva e os superheroes inspiraron os disfraces deste ano do Mercederias

Aínda que a chuvia obrigou a algúns centros a suspender os desfiles e pasarrúas previstos para celebrar a festa, o Entroido escolar voltou brillar un ano máis pola orixinalidade e creatividade dos traxes confeccionados, na meirande parte dos casos, nas aulas.
Disfraces argallados arredor de variados eixos temáticos, como os dos xogos de mesa ou tradicionais–no caso do CEIP Recimil–, os Xogos Olímpicos –no CEIP de Esteiro–, a selva e os superheroes –os escollidos polo colexio Mercedarias–, as “chucherías” no Belén, a granxa no Pazos, o mar no Isaac Peral, a pintura no Lestonnac ou países do mundo, no Cristo Rey, paseáronse onte polos centros nunha xornada de festa na que tampouco faltaron as cancións elaboradas para a ocasión.
Moi presente estivo tamén a música, por exemplo, no IES de Canido, no que a celebración xirou arredor de “A muller ao longo da historia”. Varios grupos de ESO e Bacharelato do centro animaron o festival. As citas escolares marcaron así o comezo dun Entroido que se prolongará nos vindeiros días con actividades. l