Festa de presentación dun Felipop que muda de datas e de denominación

Festa de presentación dun Felipop que muda de datas e de denominación
Imaxe de arquivo dunha das edicións do festival musical fenés | daniel alexandre

Nunha data diferente, con nova denominación pero coas mesmas ganas de converter por uns días a parroquia fenesa de Limodre no epicentro da música independente. Así se desenvolverá o vindeiro mes de outubro, durante os días 12 e 13, unha das citas deste estilo máis veteranas de Galicia. Outra das novidades deste ano, que a entrada será totalmente de balde.
Para ir quentando motores, este venres haberá unha festa de presentación. Será a partir das 22.00 horas, en Casa Ardá, e contará coa participación das bandas Bang 74, de Ferrol, e Bule, de Pontedeume, nunha sesión enmarcada no programa municipal “Vén a Fene”.
Esta cita será o preludio dun festival que nesta súa vixésima edición tranfórmase no Felicia Pop Festival, como a asociación que o organizou desde o seu nacemento.
A pista polideportiva da devandita parroquia fenesa será o escenario dos concertos. Ademais, como en anos anteriores, estará habilitado un camping gratuíto con duchas no campo de fútbol do Limodre, a 300 metros.
O programa, que conta coa colaboración do Concello de Fene, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, volverá contar cun cartel musical á altura das expectativas dos fieis seguidores do encontro.
Cartel
A actividad dará comezo o venres 12, a partir das 21.00 horas, cunha degustación de callos, totalmente de balde. Será a oportunidad de ver o rock sureño dos ferroláns Jaime Fifthring & The Cofee Breakers e de novo a Bang 74, un referente da cidade naval para o mundo do mellor power pop feito na actualidade. Pecharán a xornada os carballeses Aula 11.
O sábado arrancará cunha sesión vermú a cargo do cantautor limodrés Roger de Flor, que actuará acompañado dos seus habituais músicos.
Pola noite, a partir das 22.00 horas, a diversión, segundo se salienta desde a organización, estará garantida con catro bandas “recoñecidas pola súa enerxía”.
Comezarán os bilbaínos Bonzos, que chegan a Limodre co seu novo disco; para seguir a festa con Mujeres, procedentes de Barcelona; os británicos The Primitives, unha banda icónica dos 90 que constitúen o prato forte da edición; e Retrovisores para pechar o festival.
Tanto o venres como o sábado a música seguirá tralos concertos con picadiscos que animarán a sesión “afterhours” no local social da vella escola. l

Festa de presentación dun Felipop que muda de datas e de denominación

Te puede interesar