A Festa dos Avós, protagonista hoxe do ciclo “Día de Galicia” de Fene

A Festa dos Avós, protagonista hoxe do ciclo “Día de Galicia” de Fene
Fene Plaza del Alcalde Ramón Souto Certamen de habaneras

O concello de Fene continúa inmerso na celebración das actividades que dan forma ao ciclo Día de Galicia. A praza do Alcalde Ramón Souto González, escenario das propostas deseñadas, acolleu onte o Certame de Habaneiras e canto coral coa participación de varias agrupacións: CPS de San Valentín, ACDR O Pote de Maniños, SCRD Agarimo de Sillobre, Eterna Xuventude e as rondallas Perla del Río de Perlío e Estrelecer e o Tradicoro.


Nese mesmo lugar desenvolverase hoxe, a partir das 20.00 horas, a Festa dos Avós, na que se repartirán gratuitamente racións de churrasco, bola, empanada e botellas de auga ata rematar existencias.

Terá tamén un marcado carácter solidario, xa que a recadación das bebidas destinarase a Cáritas. Así mesmo, ademais do reclamo gastronómico, habilitaranse inchables na zona para os máis pequenos da casa.

Actuación
A festa continuará ata ben entrada a madrugada, xa que ao remate da degustación, sobre as 22.30 horas, actuará a orquestra La Trova Coruñesa, que achegará o seu mellor repertorio nun espectáculo que leva por título “Sabor a min”. 0Desde o Concello, e dado o éxito das anteriores edicións da festa, lémbrase aos asistentes que, por razóns de espazo, as mesas e as cadeiras son limitadas e ocuparanse a partir das 19.45 horas por orde de chegada.

Indican tamén que é preciso ocupar as cadeiras de forma presencial e que non está permitido darlles a volta nin ocupalas con bolsas e outros obxectos. Pídese así mesmo “facilitar o acceso das persoas maiores ou con problemas de mobilidade, e deixar libres mesas e cadeiras cando se remate de xantar e tirar o lixo nos colectores”, apuntan.


A programación do Día de Galicia conta coa colaboración da Deputación, a través da Rede Cultural e da Xunta, por medio de Agadic.

A Festa dos Avós, protagonista hoxe do ciclo “Día de Galicia” de Fene

Te puede interesar