Ferrol reanuda as excursións para maiores de 65 anos cunha visita a San Felipe

Ferrol reanuda as excursións para maiores de 65 anos cunha visita a San Felipe
Máis dunha trintena de persoas participou na saída inicial dunha actividade que se centrará no patrimonio da Ilustración | cedida

As rutas culturais pola cidade e o seu entorno para maiores de 65 anos volver ser un éxito na convocatoria que acaba de comezar. Baixo o título de “Outono Ilustrado” ofrécense roteiros guiados gratuítos polo patrimonio máis destacado do municipio, sobre todo centrado nos elementos da candidatura a Patrimonio Mundial. Por iso, a primeira saída realizouse na mañá de onte ao castelo de San Felipe, unha das xoias do conxunto, a onde se levou aos participantes en autobús. 
 

A concellería de Benestar Social impulsa esta actividade de envellecemento activo, e no arranque da excursión, os máis de trinta participantes foron recibidos pola concelleira Eva Martínez.
 

Nas vindeiras semanas as visitas centraranse no Arsenal Militar (o 8 de outubro), con saída ás once da mañá de Correos e roteiro en autobús con paradas. A inscrición, que se pode facer en outonoilustrado@gmail.com ou no teléfono 631 683 070 (de dez a dúas, de luns a venres), ábrese o luns 26. As prazas son limitadas e cóbrense con rapidez.
 

O 22 de outubro o roteiro celebrarase polo barrio da Madalena, con saída ás once de Correos. A inscrición comezará o 10 dese mesmo mes.
 

O Pazo de Capitanía será protagonista o 5 de novembro, con dúas quendas de visitas, ás 10.30 e ás 12.00 horas. O punto de encontro será no exterior do edificio e o prazo para anotarse abrirase o 24 de outubro.
O remate deste novo ciclo de excursións para a xente maior será o 19 de novembro, centrado no Cuartel de Dolores e en Fontelonga. A inscrición poderá facerse desde o 7 de novembro.

Ferrol reanuda as excursións para maiores de 65 anos cunha visita a San Felipe

Te puede interesar