Ferrol corre contra a violencia

Ferrol corre contra a violencia
Un momento da actividade celebrada onte pola mañá na cidade | jorge meis

A cidade ferrolá voltou saír onte á rúa para respaldar a loita contra a violencia de xénero na segunda edición dunha cita que reuniu, entre a carreira e a andaina –as dúas de cinco kilómetros de distancia– a unhas 1.200 persoas.

Na carreira, o primeiro en cruzar a liña de meta na categoría masculina foi o nedés Jonathan Fernández, do clube Pasa ou Entorna, seguido de Carlos Calvo –segundo– e Diego Vigo –terceiro–, ámbolos dous do Ría Ferrol.

Na feminina, a máis rápida foi Miriam Tojeiro, do Club Ría Ferrol-Concepción Arenal. Lucía Sicre, da mesma entidade, e Marta Real, do Running Altafit Odeón, foron segunda e terceira, respectivamente.

Ferrol corre contra a violencia

Te puede interesar