A falta de ofertas obriga ao Concello de Neda a aumentar o orzamento de varias obras

A falta de ofertas obriga ao Concello de Neda a aumentar o orzamento de varias obras
Lugares emblemáticas coma a presa do Belelle saen no calendario | aec.

Co obxectivo de iniciar as obras no primeiro trimestre de 2023, o Concello de Neda aprobaba esta semana en pleno a modificación dos proxectos de aglomerado dos camiños no Murallón, en Ardá e Cruz do Pouso-Fontevella para aumentar os orzamentos base de licitación. Nas tres intervencións investiranse algo máis de 208.000 euros. A partida para estas actuacións increméntase así en preto de 75.000 euros.


Nos últimos meses, o Concello sacaba a contratación as obras, pero o proceso quedaba deserto ata en dúas ocasións. Deste xeito, a Administración local busca, elevando o orzamento, facer máis atractiva a licitación e lograr que as empresas presenten as súas ofertas. En todo caso, non se trata dun procedemento sinxelo, xa que para chegar a este punto foi preciso unha modificación dos proxectos por parte dos servizos técnicos e o seu visto bo por parte do pleno municipal. Ademais, ao


contar con financiación dos plans provinciais, o Concello tamén debe tramitar ditos cambios ante a Deputación, fase na que se atopa actualmente, antes de iniciar de novo os respectivos procesos de contratación


Otros concursos


Doutra banda, o Concello de Neda procederá á construción de novas beirarrúas e bordillos naqueles tramos en mal estado, ou mesmo que carecen delas, na Avenida de Alxeciras, entre a rúa Roseira e o Camiño do Regueiro. Zonas, que nalgúns casos presentan graves deficiencias pola súa antigüidade e o sistemático estacionamento enriba das mesmas. Así, a administración local destinará unha partida duns 103.000 euros nesta intervención, con cargo ao POS+ Adicional. Ademais, e en paralelo á actuación, procederá tamén á renovación da rede de abastecemento de auga e de saneamento en determinados puntos, aproveitando o levantamento do pavimento.


A intervención está en proceso de contratación, e as empresas poden presentar as súas ofertas ata o 4 de xaneiro, e consultar a documentación na plataforma de


contratación do sector público. 

 

Un calendario da vila coas compras no comercio local

O Concello de Neda activa a próxima semana, no marco da campaña (RE)descubre Neda, unha acción promocional coa que premiará á clientela do comercio e a hostalería local. Regalará 300  calendarios de sobremesa, ilustrados coas imaxes gañadoras do concurso  fotográfico convocado recentemente, ás 300 primeiras que o demanden, e acrediten ter feitas compras nos negocios da vila.


Poderá obter este detalle quen realice, desde hoxe e ata o venres da próxima semana, un gasto mínimo de 10 euros no comercio ou nos bares, restaurantes e aloxamentos do municipio. Para iso, deberán presentar o seu tícket de compra na biblioteca municipal (Casa da Cultura), desde o 19 ao 23 de decembro, entre as 9 e as 13 e as 14 e as 20 horas. Os 300 primeiros consumidores que o fagan levarán o almanaque municipal.


Deste xeito, o Concello volve apostar, a través da campaña (RE)descubre Neda por vincular promoción turística e apoio a este dous sectores que dan vida ao municipio. Nesta liña, cómpre apuntar que aos autores/as das 13 imaxes que saen na publicación correspondéronlles outros tantos vales agasallo a trocar en negocios do municipio. Repartíronse deste xeito 700 euros.


O calendario pon en valor “o mellor de Neda” (natureza, paisaxes, patrimonio histórico...) e ven a contribuir á difusión turística do municipio e lembrando aos propios veciños o moito e bo que hai na localidade. 

A falta de ofertas obriga ao Concello de Neda a aumentar o orzamento de varias obras

Te puede interesar