Exposición, documental, xogos e charlas no Campus de Ferrol na semana polos dereitos humanos

Exposición, documental, xogos e charlas no Campus de Ferrol na semana polos dereitos humanos
diario de ferrol-2019-12-09-019-e52f559e

O Centro Cultural Universitario do Campus de Ferrol acolle hoxe, ás 12.00 horas, a inauguración da exposición fotográfica “Hazme visible”. Promovida por Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, chega a Esteiro no marco das actividades programadas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña con motivo da Semana polos Dereitos Humanos no campus ferrolán.

Estará aberta ao público ata o venres día 20 deste mesmo mes. A mostra, composta por máis de 60 fotografías, é o resultado do traballo realizado polos alumnos e alumnas do Programa de Inclusión Social de Persoas Sen Fogar de Cáritas no ano 2016. Colaboraron na mesma os fotógrafos Daniel Alexandre, Carlos Carballeira, Kiko Delgado, Ángel Manso, José Pardo e César Toimil. O Ateneo Ferrolán, Hacker Informática e Cannon España apoiaron tamén a iniciativa.sdfasdf.

O acto de inauguración desta mañá contará coa presenza da coordinadora xeral de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, Marta Pazo; a responsable de Voluntariado e Participación na devandita entidade, Pilar Lourido; o fotógrafo e comisario da mostra José Pardo; e a técnica da OCV do Campus de Ferrol, Vanessa Míguez.

Documental

Dentro deste programa de actividades da OCV para conmemorar a Semana Polos Dereitos Humanos, tamén hoxe terá lugar, ás 18.30 horas na Facultade de Humanidades e Documentación, a proxección do documental “Made in Made for”, cuxo director, Jon Kareaga, intervirá vía Skype.

As propostas continuarán mañá martes, Día Mundial dos Dereitos Humanos, coa colocación dun “photocall” na planta baixa do Centro Cultural Universitario, onde ademais serán organizados xogos e sorteos ao longo da mañá.

Ás 19.30 horas, na Escola Universitaria Politécnica de Serantes, desenvolverase unha conferencia de activistas da Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento Ahjasa, Teresa Huete e Basilia Palma, titulada “Dereito Humano á auga nas comunidades rurais de Honduras”.

Finalmente, a integrante de Fridays for Future Ferrolterra e de Extinction Rebellion, María Bañón, pechará o programa de actividades cunha conferencia prevista para o mércores, ás 18.00 horas, na aula multiusos do Centro Cultural Universitario.

Exposición, documental, xogos e charlas no Campus de Ferrol na semana polos dereitos humanos

Te puede interesar