Exponav incorpora as audioguías en galego e convoca a primeira visita de agosto este sábado

Durante a semana grande das festas de Ferrol a entrada ao museo será gratuíta
Exponav incorpora as audioguías en galego e convoca a primeira visita de agosto este sábado
“Cosmografías”, na sala Carlos III, inclúe pintura, fotografía e escultura | DANIEL ALEXANDRE

A pesar de que a comisaria Cristina Carballedo xa propuxo unha visita guiada onte á mostra “Cosmografías” da Bienal Internacional de Arte de Gaia, que acolle Exponav até o domingo 31, a fundación estrea con outra proposta deste estilo o programa de agosto, este sábado. Neste mes, o público poderá disfrutar da novidade de escoitar audioguías tanto en galego como en castelán, e, proximamente tamén en inglés.


Un dos principais activos turísticos de Ferrol, que ademais é a única institución europea dedicada integramente á temática do museo, prepárase para a primeira visita guiada gratuita que percorrerá a evolución da construción naval por medio das pezas da planta baixa. O encontro terá lugar o sábado ás 12.00 horas e as inscricións formalízanse no teléfono 981 359 682 ou no correo exponav@exponav.org.


Reservando praza polos mesmos medios e sen cambiar de hora, a segunda visita guiada de balde terá lugar o sábado 23, neste caso centrándose na primeira planta para coñecer a historia dos estaleiros da ría.
Durante a semana grande das festas de Ferrol, dos días 23 ao 31, celebraranse xornadas de portas abertas, nas que a entrada ao museo tamén será gratuíta. O horario mantense todo agosto, incluída a festividade da Asunción, o venres 15.


Ademais, a finais de mes abrirase o prazo para os talleres de verán infantís, convocados os días 2, 3 e 4 de setembro, e o período para apuntase abarcará do 25 ao 27 para socios do club Cormonav e do 28 ao 31, para o resto. A inscrición pode realizarse no mesmo teléfono e en talleresexponav@gmail.com. 

Exponav incorpora as audioguías en galego e convoca a primeira visita de agosto este sábado

Te puede interesar