• Domingo, 21 de Octubre de 2018

Éxito de convocatoria do XXII Concurso Curuxa do Humor con 86 debuxos presentados

Un total de 86 debuxos foron presentados para optar a unha nova edición, a vixésimo segunda, do Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor do Concello de Fene.

Éxito de convocatoria do XXII Concurso Curuxa do Humor con 86 debuxos presentados
Imaxe da entrega dos premios da convocatoria do ano pasado | daniel alexandre
Imaxe da entrega dos premios da convocatoria do ano pasado | daniel alexandre

Un total de 86 debuxos foron presentados para optar a unha nova edición, a vixésimo segunda, do Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor do Concello de Fene.
A cifra supón un incremento con respecto ao ano anterior, con 60 traballos recibidos. O 60% dos que concorren nesta ocasión corresponden á categoría Curuxa (maiores de 25 anos) e o 40% restante á de Curuxa Nova (menores de 25).
O vindeiro día 29, ás 12.00 horas, terá lugar a reunión do xurado para dar a coñecer o fallo a través da web municipal e dos medios.

O mesmo estará presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, e integrado pola concelleiro Rocío Bértoa; a responsable do Museo do Humor, Almudena Marcos; a secretaria municipal ou traballador/a en quen delegue, en calidade de secretaria do xurado; e polos humoristas gráficos Borja  Ramón López Cotelo (gañador do primeiro premio da categoría Curuxa 2017), Andrés Simal González (gañador da Curuxa Nova) e Kiko Da Silva.