EU e PSOE critican duramente o resultado das festas de verán

EU e PSOE critican duramente o resultado das festas de verán
a orquestra panorama durante o concerto en esteiro jorge meis

Ao día seguinte ao remate extraoficial das festas de verán (tralo concerto final da orquestra Panorama en Esteiro) tanto o grupo municipal do PSOE como o de EU deron o seu balance das celebracións con críticas moi duras ao seu resultado final.
Así, en rolda de prensa Jaime Pena e María López polos socialistas comezaron dicindo que “o que mal empeza mal acaba, e xa o proceso de contratación estivo cheo de irregularidades con artistas que xa anunciaban antes de saberse nada que ían actuar en Ferrol”. Pena suliñou que en canto ás propostas do programa “todo é subxectivo pero redes sociais e foros critican o que houbo. Ademais en canto ao público o programa foi incapaz de atraer a xente de fóra da cidade. Hai que ter en conta que no mes de agosto os ferroláns de fóra regresan aquí e as rúas están cheas de terrazas. Pois ben, en pleno mes de novembro, durante a celebración da Fashion Nigt, hai máis xente polas rúas que nas festas, fóra dos recintos puntuais onde se levaron a cabo os concertos”.
En canto á capacidade de organización municipal, os socialistas non aforarron críticas á colocación das atraccións. “Unha semana antes do comezo aínda se buscaba onde situar as actuacións. Comezáronse uns días antes as obras na praza de España para evitar facer alí nada e se tivo que acondicionar o Sánchez Aguilera cun custe que ignoramos e non sabemos se algo pagou o espectáculo de electrolatino”.
Os socialistas insistiron no retraso da actuación de Juan Magán, a suspensión do concerto na orquestra Panorama “coa pésima imaxe que se deu da cidade”, a mala situación e o ruído das atraccións na zona do porto ou “o ridículo de que por segundo ano consecutivo se sexa incapaz de traer a unha noria que era destacada nos carteis das festas”. A, segundo eles, “falta de información sobre os planes de seguridade e a descoordinación entre concellerías” foi tamén criticada polos edís socialistas.
Por parte do grupo municipal de Esquerda Unida, Suso Basterrechea denunciou a falta de información que se dera en todo momento na contratación e na seguridade “contribuíndo a que a cidade dese unha imaxe de inseguridade e descontrol”. Así mesmo, o edil criticou unha programación que cualificou “baseada no pasado e no revival con escaseza de manifestacións culturais galegas” e “unha organización e unha seguridade caóticas”.

opinión do alcalde
Pola súa parte, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, preguntado pola súa opinión, quixo poñer tempo por medio respondendo: “Farase uha valoración das festas cando corresponda nos próximos días, unha vez que teñamos todos os datos no seu conxunto e acompañados de empresarios e hostaleiros”.

EU e PSOE critican duramente o resultado das festas de verán

Te puede interesar