Esmelle recuperou a tarefa da malla

Esmelle recuperou a tarefa da malla
Festa da Malla. Esmelle.

Na parroquia ferrolá de Esmelle os veráns son moi intensos. A activa asociación veciñal, con propostas durante todo o ano, intensifica nestes meses a súa programación de lecer para dinamizar a zona e, de paso, recuperar e poñer en valor vellas tradicións.

Con estes obxectivos celebrouse onte unha nova edición da Festa da Malla, na que veciños da parroquia recrearon, ataviados para a ocasión, a tarefa do campo na que se procedía á separación do gran do trigo. Fixérono ademais cunha máquina de finais do século XIX restaurada pola propia entidade no marco do Proxecto Esmelle. 

Logo da xornada de “traballo”, foi o turno de descansar e repoñer enerxía coa sardiñada popular e música coa Disco Móvil VM.

Esmelle recuperou a tarefa da malla

Te puede interesar