Entidades de toda a comarca comezan as súas actividades ao redor do Día das Letras Galegas

Entidades de toda a comarca comezan as súas actividades ao redor do Día das Letras Galegas
imaxe característica de vidal

Entidades culturais e veciñais de toda a comarca prepáranse para celebrar as Letras Galegas cun variado programa en recordo a Roberto Vidal Bolaño e como apoio á literatura en lingua galega. Así, hoxe ás 20.00 horas o Círculo de Perlío acolle unha conferencia da especialista Mariola Hermida Romero sobre a vida e obra do dramaturgo compostelán.
Pola súa banda, na parroquia aresá de Caamouco preséntase a Semana das Letras cunha iniciativa colectiva na que 17 veciños recitan a 17 autores en lingua galega. Será este sábado, 11 de maio, ás 18.00 horas. As persoas que o desexen poderán formar parte do recital colectivo da entidade, no que calquera tipo de texto está permitido, xa sexa poesía, prosa, teatro ou ensaio. Os únicos requisitos son que estea escrito en lingua galega e non supere os 5 minutos. Haberá unha única edición aberta a tódalas idades. Para inscribirse no recital cómpre enviar un correo a atenencia@caamouco.net. ou chamar ao 680 161 929.
No transcurso do recital, a agrupación renderá homenaxe ao dramaturgo Vidal Bolaño.
Así mesmo, en San Sadurniño as actividades céntranse nos días 17 e 18. A música e a palabra reuniranse o 17 de maio ás 11.00 horas da mañá na praza do Concello, con 10 microeventos de todo tipo. Para o sábado 18 ás 19.30 horas, o Concello programou unha obra de teatro na casa da Cultura coa compañía T de Tinglado.
Tamén a Unidade Veciñal Olmo, de Pontedeume, conta cun amplo programa que celebra a Semana das Letras e comeza o luns 13 cunha mostra de artesanía a partir das 19.00 horas e  se prolonga ata o venres 17 con charlas e música diaria.

Entidades de toda a comarca comezan as súas actividades ao redor do Día das Letras Galegas

Te puede interesar