O Enterro da Sardiña do barrio de Ultramar pechou como cada ano o Entroido ferrolán

O Enterro da Sardiña do barrio de Ultramar pechou como cada ano o Entroido ferrolán


A xornada deu comezo cunha festa infantil baixo a carpa na que unhas horas máis tarde tería lugar o festival de comparsas. Preto dunha vintena de agrupacións secundaron desta volta a festa. As viúvas e os viúvos de Ultramar, Os Tiquismiquis, Os Trastos, Xente de aquí e de acolá, As Parrocheiras, OJE, Tróupele Tróupele, Colexio Belén, Os Parrandolos, Os Argalleiros, Paso a Paso, O Aturuxo de Melpómene, Vide Vindo, A Revolta, A Canteira, Semente de Trasancos, As Xoaniñas de Chao e Os Colludos deron vida a unpasarrúas inicial para, a continuación, interpretar as súas satíricas pezas sobre o escenario da praza.

Deste xeito abriuse camiño á decisiva actividade da xornada, o enterro da sardiña, acto que puxo fin a unha intensa celebración carnavalesca na que participaron máis de 700 persoas entre as diferentes comparsas, esenciais todas elas para manter viva unha tradición que edición tras edición amosa a orixinalidade e creatividade das mesmas.

A cita de onte adiouse unha semana sobre as datas habituais para non coincidir coa folga do pasado 8 de marzo.

O Enterro da Sardiña do barrio de Ultramar pechou como cada ano o Entroido ferrolán

Te puede interesar