Encontro para dar a coñecer e intercambiar experiencias sobre os proxectos europeos

Encontro para dar a coñecer e intercambiar experiencias sobre os proxectos europeos
Un grupo do numeroso colectivo de ensinantes que toman parte na iniciativa, no marco dunha das reunións de onte | d.a.

Os proxectos europeos nos que están implicados centros da comarca de Ferrolterra superan no curso actual a vintena. Con temáticas moi variadas, todos permiten traballar de forma colaborativa con colexios doutros países, un enriquecedor intercambio de experiencias do que se benefician tanto estudantes como os docentes.

Estes últimos foron os destinatarios do “Encontro Internacional Erasmus Plus Ferrol 20-20” que onte organizou o Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ferrol nas instalacións do CIS da Cabana. Arredor de 200 profesionais da ensinanza tomaron parte nun “evento multiplicador” que tivo como finalidade a difusión dos traballos nos que están embarcados os colexios e institutos e compartir así ideas ao respecto dos mesmos.

A xornada continuará hoxe no CIFP Ferrolterra cunha sesión centrada na plataforma e-Twinning, unha aplicación dixital que fomenta a colaboración entre centros educativos de toda Europa e que nalgúns casos constitúe o punto de partida para a posta en marcha dun posterior proxecto Erasmus +. A cita desta tarde contará con algún responsable  desta ferramenta.

Encontro para dar a coñecer e intercambiar experiencias sobre os proxectos europeos

Te puede interesar